Videoteca

No verán de 2010 instalámonos no local da Escola Popular Galega coa intención de disponibilizar un sistema de préstamo do fondo documental do que dispoñemos, en colaboración coa EPG. Este sistema de préstamo funcionará de xeito presencial, no local da EPG, e na rede.

Polo de agora contamos con oitenta títulos, na súa maioría pezas documentais do país, e agradeceríamos que todas aquelas persoas e/ou colectivos que teñan fitas vhs ou dvd's que queiran doar para esta iniciativa, e que serán moi ben recibidas, que se poñan en contacto con nós a través do correo videoteca [at] galizacontrainfo [dot] org, desde o que disponibilizaremos tanto o catálogo completo como os horarios, os posíbeis préstamos e podemos contactar para a doazón de material para esta videoteca.

Ademais, xa está instalado un posto de visualización dos materiais dispoñíbeis na EPG, onde cuns humildes reprodutores e tv aquelas persoas que o desexen poderán achegarse e visualizar no propio local da EPG os títulos que estamos a catalogar e ordenar, e as novas achegas que teñamos e das que daremos boa conta a través desta web.

CAPTCHA
Esta pregunta é para probar que vostede é un visitante humán e prever o envio de spam automático.
CAPTCHA imaxen
Enter the characters shown in the image.