Un documental sobre a música na Agra do Orzán

22 de Outubro de 2013
Autor/a: 
Música en Branco

Unha das tres propostas seleccionadas no concurso de microproxectos de Música en Branco foi este documental sobre a vida musical na Agra do Orzán que están a ultimar en Tres Laboratorio e do que ofrecemos un avance.

O sábado 16 de novembro estrearase no Centro Ágora o filme completo, no que se retrata a historia musical do barrio. Os intérpretes, as bandas pioneiras como Agra, os produtores, os locais de ensaio, formacións tan destacadas como Os Diplomáticos, as familias que apoiaron os seus músicos ou os bares que se transformaron nestes anos en escenario xurdirán entre os fotogramas deste documental ao redor da historia da Agra do Orzán.

Que é Música en Branco? Unha intervención urbana que investiga, documenta, difunde e pon en valor a memoria musical e sonora deste barrio da Coruña, converténdoa nunha ferramenta para a participación e a innovación social.

Enviar un novo comentario

  • Etiquetas HTML permitidas: <a> <em> <strong> <cite> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd>
  • As direccións das páxinas web e as direccións de correo se convirten en enlaces automaticamente.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.

Máis información acerca das opcións de formato

CAPTCHA
Esta pregunta é para probar que vostede é un visitante humán e prever o envio de spam automático.
CAPTCHA imaxen
Enter the characters shown in the image.