Olladas

23 de Maio de 2013

Ángel Campos, memoria viva do Entroido coruñés

Autor/a: 
Música en branco

Quen nos dese a nós, ou á metade de nós, a memoria de Ángel Campos, unha enciclopedia sonora do Entroido coruñés e as súas coplas. Foi por ese mp3 sentimental que atesoura que Xurxo Souto convidou a Ángel a participar na botadura das súas Barriografías a bordo dun dos autobuses urbanos que percorren cada día a cidade. Aquí podes escoitar a gravación dese programa:

ivoox.com/barriografia-1-lina-7-do-bus-audios-mp3_rf_2062086_1.html

Que é Música en Branco? Unha intervención urbana que investiga, documenta, difunde e pon en valor a memoria musical e sonora deste barrio da Coruña, converténdoa nunha ferramenta para a participación e a innovación social.

Carlos O Cego pasou pola Agolada durante a celebración do evento Corazón da Artesanía, I Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia.

Mini e Mero, Tino Baz e Najla Shami no Eido Dourado (Barreiros) versionando o poema de Celso Emilio Ferreiro titulado Irmáns que está incluido en "Longa Noite de Pedra".

Actuación de Mini e Mero con Tino Baz no Eido Dourado (Barreiros)...

Concerto na terraza das Crechas de A Trio for Grange, unha formación xurdida da Escola Livre da MPG. Son: Rocio Maril (gaita galega), Ariel Ninas (zanfona) e Manuel Rey (percusión).

http://www.salasuper8.com/ Kastomä - Gasolina SALA SUPER 8...

Distribuir contido