Só 24 horas pra apoiar a MakusiTV

Desde Galizacontrainfo queremos ammosar todo o noso apoio e axudar dalgún xeito no último empurrón do microfinanciamento preciso para a plataforma Makusi, porque nós tamé soñamos, gravamos e partillamos, e porque proxectos como Makusi son precisos e enchen de ilusión a quen traballamos desde a contrainformación audiovisual.

Este é a ligazón da campaña de Makusi en Goteo e precisan de todo o apoio posíbel porque teñen que chegar a un mínimo de cartos para poder continuar, na segunda ronda, recadando todo o preciso para investir na montaxe desta plataforma web de produción audiovisual.

Recollemos as súas palabras sobre o seu proxecto para que o coñezades máis de perto e recomendamos este video tan chulo, co que nos sentimos tan identificadas, as que teimamos en cargar con cámaras e aportar o noso grao de area polo dereito á información.

 

Makusi.tv recollerá produción audiovisual con todo tipo de contidos. Un ecosistema dixital no que se atopen todos os axentes da produción que polo tipo de actividade que desenvolven teñen necesidades similares.

Partimos cun traballo feito e queremos continuar ese xeito de entender el mundo: a nosa intención é conectar a todas as usuarias e usuarios, criando sinerxias, facilitando o intercambio.

En Makusi.tv acreditamos na autoxestión, a creación e empoderamento desde a base, evitando o monopolio da información. Cremos na coherencia continente (plataforma web aberta) e contido (video libre). Por iso construimos unha ferramenta autónoma criada desde os mesmos principios que inspiran as nosas obras, que son o traballo en cooperación coos movemientos sociais e as autoras e autores independentes. Apostamos polo coñecemento aberto, a través do software libre e as licenzas copyleft, e polo respecto ao trabajo “de autor" sen someternos a condicionamentos externos á hora de censurar un produto.

A plataforma web será desenvolvida exclusivamente con código e software copyleft, o servidor será Linux e a librería de procesamento de video también será de código aberto producido baixo a licencia GPL.

Utilizaremos un xestor de contidos (CMS) como plataforma baseado en linguaxe php e a base de datos mysql ambas producidas con licenza aberta e que provee alta fiabilidade técnica ao ser unha das opcións maioritarias na actualidade para a elaboración de sitios web profesionais. Os servidores de Nodo50 funcionan con software igualmente libre.