Quérennos caladas mais nos terán enfronte. Solidariedade co Axier López e Argia

Os medios asinantes trasladamos a nosa solidarieda e apoio ao compañeiro Axier López e a Argia, á vez que denunciamos unha vez máis estas novas lexislacións.

O compañeiro Axier López, xornalista da revista Argia, foi condenado ao pagamento dunha multa de 601 euros pola lei de seguridade cidadá (máis coñecida como lei mordaza) por publicar na súa conta persoal imaxes da actuación policial que, o pasado 9 de marzo en Eibar rematou coa detención da moza Naroa Ariznabarreta.

A sentenza establece que “a través das devanditas imaxes é posíbel a identificación dos axentes actuantes, co risco que para os funcionarios pode derivar da súa identificación pública.”Cómo se pode apreciar nas fotos subidas polo compañeiro a súa conta persoal, a identificación dos axentes é moi difícil, tendo en conta que aparecen de cosdtas. Malia ao absurdo da acusación, cabe salientar que o obxectivo destas denuncias non é, en ningún caso, salvagardar a identidade dos axentes “por seguridade”, o obxectivo é que ningún medio de comunicación dunha versión distinta á oficial, que non se difundan imaxes de actuacións policiais onde pode haber abusos para que, deste xeito, os axentes de policía podan continuar a actuar nunha total impunidade, e ninguén poda denunciar os seus abusos.

Desde a súa entrada en vigor o pasado 1 de xullo, a lei mordaza, e o novo código penal e o pacto antiterrorista, estanse a usar como armas en mans do poder para acalar as protestas sociais e ademais para atacar ao xornalismo independente que nos conta o que o poder non quere que saibamos. Non é ningún segreto que un dos obxectivos destas novas lexislacións é acalar, controlar e silenciar calquera información crítica co réxime, e por conseguinte os medios de comunicación independentes e as súas traballadoras/es estamos no ponto de mira deesta mordaza legal.

Nestes meses puidemos ver como se usou esta nova lexislación contra distintos medios alternativos, así puidemos ver como a delegada do goberno de Nafarroa, Carmen Alba, ameazaba ao portal Ahotsa.info con multas por ter publicado tamén fotos dunha actuación policial. Chamouse a varios xornalistas a declarar, como no caso de Jesús Rodríguez, da Directa, acusados de participar en mobilizacións que estaban cubrindo. Teñen continuado os xuizos contra xornalistas independentes, como Raúl Capín ou Iker Oiz. A multa contra Axier López e Argia é un paso máis neste camiño ao control total da información por parte do goberno.

Os medios de comunicación asinantes trasladamos a nosa solidariedade e apoio ao compañeiro Axier López e ao seu medio Argia, á vez que denunciamos unha vez máis estas novas lexislacións como un instrumento antidemocrático e dictatorial para controlar a información e acalar calquera información non controlada polo poder.  

Quérennos caladas, mais nos terán enfronte! Ningunha mordaza calará ao xornalismo independente!

Medios asinantes:

Ahotsa

Alcorcón Republicano

Arainfo

Canarias Semanal

Crónica Popular

Ekinklik

Espineta Amb Caragolins

Galiza Contrainfo

Insurgente

Izquierda Diario

Kaosenlared

La Haine

Línea 36

Mundo Obrero

Sare Antifaxista

Tele K

Tercera Información

Texto completo en: http://www.lahaine.org/nos-quieren-callados-pero-nos