Nova peza polo xuízo en Cangas, e actualizacións en Panorámicas e Olladas

Continuamos a traballar en rematar cos problemas técnicos que vimos arrastrando desde hai unhas semanas, e mentres tanto informamos de que hai un novo vídeo na canle de blip de Galiza Contrainfo sobre o macro-xuízo que se desenvolveu contra veciñas e veciños de Cangas que se mobilizaron contra a construción do porto deportivo de Massó.

E temos unha boa nova: tanto a sección de Panorámicas como a de Olladas xa están actualizadas e postas ao dia.

Recordámosvos que Panorámicas é o espazo onde recompilamos a produción allea ao propio colectivo que se atopa espallada pola rede, sección reservada a todas aquelas persoas e/ou colectivos que queiran achegarnos os seus traballos tanto de vídeo ou foto, que se realicen na nosa terra e na nosa língua, para dar cobertura as distintas mobilizacións, entrevistas, reportaxes, palestras, roteiros, etc. Por outra banda, Olladas é o lugar no que se recollen os traballos de caracter creativo curtas de ficción, vídeo-creación, videoclips de música en galego, e todas aquelas ideas que desde a imaxinación aportedes/mos nesta sección,

Continuaremos a (contra) informar!