Nota legal

A Asociación Galiza Contrainfo, editora de galizacontrainfo.org, ten a súa sede na Rúa Real, nº12, 36202, de Vigo (GALIZA). 

Sempre que non se indique outra cousa, os contidos realizados e publicados en  fican suxeitos á licenza libre “Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 3.0” [http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/es/deed.gl]. Non é o caso das citas de outras fontes que puidesen ter outra licenza. Idéntico criterio é aplicado aos contidos audiovisuais producidos e/ou reproducidos neste portal. 

Galiza Contrainfo poderá actualizar e eliminar os contidos deste sitio web, ben como impedir o aceso, temporal, ou definitivamente, sen aviso previo. 

O aceso a este sitio web atribúe a condición de persoa utilizadora do mesmo e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas nesta Información Legal, sendo totalmente libre a visita ao mesmo. 

A persoa utilizadora deste sitio web comprométese a utilizar o sitio web e os seus contidos consoante a Lei e a presente Información Legal. Para tal, a persoa utilizadora deberá evitar a utilización de calquera contido publicado neste espazo con fins ou efectos ilícitos, prohibidos e lesivos para os dereitos e intereses de terceiras persoas. 

A responsabilidade polo uso da información contida neste sitio web é da persoa utilizadora. Galiza Contrainfo rexeita calquera responsabilidade sobre a información contida en sitios web non elaboradas pola propia Asociación, e especialmente, sobre os contidos dos enlaces publicados ao seu sitio web. 

Fica eximido de calquera responsabilidade por danos e prexuízos de todo o tipo que puidesen derivarse da utilización por parte de terceiras persoas das informacións e opinións facilitadas polas persoas utilizadoras do sitio web. Galiza Contrainfo non se fará responsábel polos contidos, informacións ou imaxes que non dependan do sitio web, nin fosen xerados por el. 

Política de privacidade 

Con a información que proporcionamos a seguir, Galiza Contrainfoquere que as persoas utilizadoras coñezan cal é a política de privacidade aplicada no que di respecto aos dados persoais delas. 

Galiza Contrainfo non almacena calquera dado de tipo persoal, nin cookies para utilización fraudulenta. Os únicos dados gardados por Galiza Contrainfo son os introducidos polas persoas utilizadoras para o envío de fotos ou vídeos, ou a través do formulario de contacto. De calquera maneira, Galiza Contrainfo cumpre con todos os requisitos legalmente estabelecidos en materia de protección de dados persoais e todos os dados baixo a nosa responsabilidade son xestionados consoante as esixencias legais, garantindo a máxima confidencialidade. 

No caso dos dados persoais que nos fosen facilitados a través do formulario de envío ou contacto serán incorporados a un ficheiro do cal Galiza Contrainfo se torna responsábel, sendo só dedicados ás finalidades propias da actividade deste portal informativo. 

Por outra parte, informamos de que os dados persoais non son segmentados nin utilizados con outras finalidades que non tivesen relación con a xestión deste sitio web. Non contamos con ningunha hiperligazón que poida permitir a comunicación dos dados persoais a calquera entidade ou empresa. 

En caso necesario, calquera persoa utilizadora que nos tiver proporcionado os seus dados pode, en calquera momento, exercer os seus dereitos de aceso, rectificación, cancelación e oposición, escribindo á Asociación Galiza Contrainfo, Rúa Real, nº12, 36202 de Vigo (GALIZA), indicando no sobre: Política de Privacidade, ou mediante correo electrónico dirixido a galizacontrainfo [arroba] gmail.com, indicando no asunto: Política de Privacidade.