Manifestaçom de rechaço à visita do Papa "Eu nom te espero" (violência policial vs liberdade de expressom)

You must have Flash installed to view this content.
4 de Novembro de 2010

Desde as oito da tarde centos de persoas convocadas pola plataforma Eu non te espero xuntábanse na Alameda de Compostela, onde un cordón policial impedía a saída da manifestación. As convocantes denunciaron a falta de liberdade de expresión que existe desde hai máis dunha semana por mor da visita do Papa, Benedicto XVI, e o silenciamento de todas as iniciativas que se están a levar adiante para rexeitar e manifestar a oposición das mulleres e da cidadania en xeral de Compostela contra o gasto público nesta visita, asi como en contra da visita do máximo xefe do Estado Vaticano, contra quen foi presentada denuncia estes dias nos Xulgados de Guarda en Compostela.

Pouco despois das nove e media da noite, despois da lectura dun manifesto, deuse por rematada a mobilización, e a xente que cruzaba o paso de peóns da Alameda comezou a berrar "Estado Policial Visita papal", ou "Nós non te esperamos", polo que os numerosos antidisturbios, indignados diante de que houbera quen continuara a berrar proclamas anti-clericais fora do seu cordón policial, cargou con brutalidade xa na Porta Faxeira. As cargas continuaron desde este primeiro ponto até a Praza de Galiza, e logo máis adiante na rúa de San Pedro, ou noutros pontos da cidade. Furgóns policiais ás presas dun lado para outro: unha cidade máis que sitiada e violentada.

Un dos nosos compañeiros de Galiza Contrainfo, que se encontraba cubrindo esta mobilización, foi sinalado polos "antidisturbios" e ao pasar a Praza de Galiza foi empurado a unha ruela sen saída, onde entre tres policias lle bateron, nas pernas e na camara, rematando cun "yo a ti te veo en todas".

Queremos desde Galiza Contrainfo somarnos ás denuncias que desde a Rede Feminista Galega, desde a iniciativa Eu non te espero, realizan nestes dias do control policial, do abuso de poder e da falta de liberdade de expresión que hai no noso país, pola visita de Benedicto XVI, e non só.

E ainda que nos sinalen, nos continúen a multar, ou mesmo estexan fartos de "vernos en todas" continuaremos a gravar, fotografiar e dar conta do que eles queren calar.

Deixamos aqui tamén unha reportaxe fotográfica das bandeiras e o ambiente de rexeitamento a Ratzinger da cidade de Compostela, e un dos mancados pola Policia nestas cargas, aqui.

parabéns

Alédome e dou as grazas por facerme partícipe desta información. Que boa a reportaxe! As fotos de Compostela coas bandeiras, emocionáronme.

Obrigada

Cans11

por que Compostela estaba chea de HIJOS de PERRA??
Porque viña o Gran pastor alemán

moitas gracias pola

moitas gracias pola información, é penoso e asqueroso que a igrexa católica siga tendo tanto poder....

Parabéns

Muito obrigada de verdade pola reportagem. O vosso trabalho tem muitissimo valor, oxalá puidesse ve-lo todo o mundo...
Por certo, a "banda sonora" perfeita:)

PINCHE DESMADRE!

Malditos hijos de la chingada! a policia tortura e asassina, e seguira facendoo até que a sociedade unanimamente rebelese contra este controlo. Moito ánimo e rebeldía!
Pena que non puiden estar!
A LIBERDADE NON SE VENDE, SE CULTIVA E SE DEFENDE!

viva Galiza ceibe!

contra o poder da intolerância e da irracionalidade, contra os criminosos da guerra civil e o estado fascista.

Muito boa reportagem

Muito bem pola reportagem e muito bem, assim mesmo, polas pessoas que se concentraram face às bestas(essas que portam cascos e nom possuem cerebro).

linguaxe sexista

Nao sei si es home ou mulher porque a frase isa de "filho de puta" ven-che sendo utlizada a cotio sen moito pensar, eu tenho outra que si te afas a utlizar-a ten mais senso: "Filho de ministro" tamem vale "filha de ministra" ou "filho/a de politica/o" calquera cousa asi, ainda que para insulto, insulto sempre podemos mentar a familia da presidente ou da rainha, ou do rpesidente, ou do rei....xoguemos todas a refacer a linguxe, remata sendo un lindo xogo imaxinativo politico!!

PUTA IGREXA

Espero que os que aínda non o teñan feito, que se tomen a molestia de tramitar a súa apostasía. Iso dóelles. Fillos de puta

Bravo por los trogloditas

"¿Qué tal tu día, cariño?"
"Bien, bien. Le he abierto la cabeza a un par de chavales indefensos."
"¿Qué hacían?"
"Gritar. Los muy cabrones, gritaban."

visita nun deseada

olé vuestros huevos...
yó nin lu espero nin lu quiero ver ni pintau no con les mis perres
puxa asturies puxa galiza OCHOBRE 34

todo o meu apoio

Para as feridas, para as que ergueron a súa voz por todas, hai que queimar a conferencia episcopal, non á visita do xefe dos pederastas de mañá. Temos que ir a compostela a dicir que xa chega de tanto machismo institucional, que na nosa cona non manda ninguén, xa chegou!

Bravo!

Genial Galiza Contrainfo. Magnífico!!

golpes

SOBRAN PALABRAS:

ESTA E A VOSA DEMOCRACIA

magnífica reportagem

Obrigada pola informaçom :)
Espalho-a.

Enviar un novo comentario

  • Etiquetas HTML permitidas: <a> <em> <strong> <cite> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd>
  • As direccións das páxinas web e as direccións de correo se convirten en enlaces automaticamente.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.

Máis información acerca das opcións de formato

CAPTCHA
Esta pregunta é para probar que vostede é un visitante humán e prever o envio de spam automático.
CAPTCHA imaxen
Enter the characters shown in the image.