Galiza Contrainfo candidata aos Premios Luceira de comunicación social en Galiza

Dende a Coordinadora Galega de ONGD, a Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galicia) e Cermi Galicia informannos de que somos unha das iniciativas de comunicación social nominadas para a primeira edición dos Premios Luceira. Estes premios teñen o obxectivo de "visibilizar e poñer en valor o traballo colectivo das distintas iniciativas de comunicación social que existen en Galiza e que dan cobertura ás temáticas do eido social achegando análise, reflexión e participación social". Podedes votar aqui

As entidades organizadoras escolleron un total de 17 candidaturas e calquera persoa poderá votar por internet as que máis lles gusten (un máximo de cinco). O prazo para votar estará aberto un mes, aproximadamente.

Nesta ligazón podedes votar até cinco candidaturas destes premios. Partillamos candidatura xunto a proxectos ben lindos dos que nos sentimos tamén participes dun ou doutro xeito. Acompañar as loitas dos movementos sociais, visibilizar imaxes e voces: ese é o noso premio cada dia que saimos ás rúas con vós!

Os premios serán entregados o 13 de maio na Facultade de Xornalismo da USC.

Desde o noso colectivo queremos agradecer que se tivera en conta o noso traballo, esta iniciativa independente, non comercial e autoxerida de contra-información audiovisual galega. Denunciar e combater, resistir e crear.