Mobilización do estudantado do #pecheourense
Manifestación en protesta pola represión policial sufrida por compañeiras o pasado día 30 de Maio, represión que fai patente o medo do capital á mobilización estudiantil, por ser esta preludio dunha revolución obreira inevitable que acabará coa súa hexemonía para instaurar unha nova orde de liberdade, igualdade e solidariedade. O sistema que nos desaloxou con violencia é o mesmo que ten hoxe a todo o estudantado competindo entre si, fomentando a insolidariedade como dogma, e a exclusión das clases populares coa elitización económica do ensino.
As reivindicacións que nos levaron a ocupar a biblioteca son as mesmas que encherán as rúas de estudantes, facendo patente a nosa xenreira contra esta destrucción das nosas expectativas personais e laborais, destrucción que nos mostra que a solución esta fora do capitalismo. O sistema colleitou violencia física e estrutural, e recollerá revoltas.




















