Gañamos a Primeira Edición dos Premios Luceira

Agradecer ás organizacións convocantes, a todas aquelas persoas que nos votaron e a todas e todos os que dalgún ou outro xeito colaborades con nós na elaboración, difusión e visibilización do traballo que facemos.

Tamén felicitar polo traballo as outras candidatas, e especialmente a Galiza Ano Cero e Andaina, gañadoras tamén nesta edición, asi como a todas aquelas iniciativas, estiveran nominadas ou non, que pulan no ámbito da comunicación social para rachar o monopolio da información como mercadoría e espectáculo.

Continuaremos acompañando aos movementos sociais nas súas loitas e demandas, e diante da tentativa de control das redes e as súas leis mordazas nós xa adiantamos: non imos calar, non temos medo. E agardamos pronto poder celebrar outras vitorias: as que gañaremos nas rúas as e os de abaixo.

Miles de grazas!

(A imaxe é o cadro de Xaquín Marín que recibimos como premio. Todo polas demais!)