A función pública concéntrase contra as agresións do PP
Disculpa, pero precisas instalar flash para ver este contido.
13 de Xullo de 2012
Autor/a:
CIG A Área Pública da CIG avalía moi positivamente a resposta das empregadas e empregados públicos contra as políticas de redución salarial e do desmantelamento do sector público. Políticas dirixidas a facilitar a súa privatización e entrega a grandes empresas e especuladores. As concentracións tiveron lugar nos edificios administrativos, AEAT, hospitais, centros de saúde, deputacións, concellos, universidades, centros de correos, Demarcación de Estradas, Axencia Tributaria, Entidades da Seguridade Social (INSS, TGSS e ISM) e Delegación e Subdelegación do Goberno. Tamén estaban convocados os funcionarios dos Centros Penitenciarios pero houbo comunicación expresa do Ministerio do Interior para non autorizalas.
Enviar un novo comentario