Galiza Contrainfo foto

Palestra en Vigo de Itziar Ziga

Entrevistamos á autora de "Sexualherria", transfeminista de Iruña, que estivo nesta segunda semana de maio nunha xira no noso país, organizada pola Marcha Mundial das Mulleres, na que abordou a cuestión da escrita e a construción dunha linguaxe alternativa, feminista. A conversa tivo lugar na Cova dos Ratos, en Vigo, antes da súa palestra nesta cidade.

Em defesa do ensino público galego (A Corunha)

10.05.2012 Jornada de greve estudantil no ensino médio e universitário

Recebemento a Miguel Nicolás despois de 16 meses de dispersión

A arbitrariedade e crueldade do sistema repressivo espanhol nom evitou que as amizades, companheiros e companheiras de Miguel Nicolás celebrassem o regresso do jovem trabalhador à Galiza.

Foi quase um ano e meio o que Miguel Nicolás, jovem operário do sul da Galiza, estivo preso sem julgamento nem condena, vítima da maquinaria penitenciária do regime espanhol, que o submeteu à política de dispersom criada para aumentar a dureza das condiçons de internamento das presas e dos presos políticos como o próprio Miguel.
Máis info: www.diarioliberdade.org/artigos-em-destaque/409-repressom...

1 de maio en Vigo

Manifestacións de CUT, CGT, CNT, STEG e SF, e a manifestación da CIG neste 1 de maio de 2012 en Vigo.

Festa da sementeira en Matamá, Vigo

Os próximos 28 e 29 de abril en Matamá, Vigo realizarase a primeira Festa da sementeira do millo.

A festa é iniciativa do colectivo malaherba e realizarase no muíño de Regueira rehabilitado por veciños desta localidade.

Poderase ver traballar a unha parella de bois como outrora no campo galego, os organizadores desprazáronse a Ponteareas para buscar estes dous exemplares xa que están practicamete desaparecidos ao abandonarse o seu uso.

O sábado ás 16hs terá lugar a segunda edición das Olimpíadas do Campo, os organizadores repetirán as probas de lanzamento de aixada e de boina, así como serrar un tronco en parellas e a carreira de carretillas. Segundo os organizadores son probas que se organizan con humor utilizando útiles populares.

Tamén haberá Música folk, xantar popular, unha exposición etnográfica e actividades para os nenos.

75 caboadano do asalto ao Bou Eva

Este 23 de Abril na praza do Berbés homenaxeouse @s mártires do Bou Eva polo seu 75 cabodano. Máis info: acboueva.blogaliza.org/

Rondalha polo dia internacional das presas e presos políticos en Compostela

COMPOSTELA. Sábado día 21 de abril.
Às 12:00 Rondalha dende Angrois (saida da explanada da casa de Santiago e Eduardo Vigo*) até As Cancelas (bairro do combatente galego Jose Manuel Sánchez).
máis info: www.ceivar.org

Lumes Nunca Máis (Vigo)

Concentración cidadá en resposta á catastrofe ambiental do incendio provocado nas Fragas do Eume. Máis info: galizanonsevende.org/?p=1165

Lumes Nunca Máis (Coruña)

Concentración cidadá en resposta á catastrofe ambiental do incendio provocado nas Fragas do Eume. Máis info: galizanonsevende.org/?p=1165

Folga Xeral 29M na Coruña

Imaxes dos piquetes, da mani da CIG, do remate da mani CGT-CUT e do piquete da tarde convocado por movementos sociais da cidade.

Manifestación en Cangas na tarde do 29 de marzo, folga xeral

A CUT convocou en Cangas unha manifestación, que saiu ás seis da Alameda, na xornada de folga xeral do 29 de marzo, que tivo un amplo seguimento nesta comarca.

Xornada de folga xeral en Vigo - 29M

Imaxes dos piquetes durante a noite e mañá, da manifestación unitaria do sector da automoción, da manifestación da CUT, CGT, CNT e STEG, e da CIG na cidade de Vigo nesta xornada de folga xeral do 29 de marzo.

Xornada de mobilización no ensino - Liga estudantil Galega

Ante a gravidade da situación desde a Liga Estudantil Galega convocamos unha xornada de mobilización no ensino galego para o día 22 de marzo co obxectivo, por unha parte, de responder novamente aos ataques que vimos sufrindo nas nosas condicións e, por outra parte, preparar, organizar e garantizar o éxito da convocatoria do día 29 entre o estudantado galego.

Para isto a Liga Estudantil Galega impulsará un paro xeral no ensino o xoves 22 de marzo a partir das 11:30 horas e mobilizacións alí onde sexa posible ás 12:30 horas

máis info: estamosfartas.org

Palestra no CS Bou Eva sobre a folga xeral

Este martes ás 8 do serán virán a falar ao centro social representantes dos seis sindicatos convocantes da vindeira Folga Xeral do 29 de marzo: CUT, CIG, CNT.
acboueva.blogaliza.org/

Concentraçom BDS ante a presença de Carod Rovira

Companheiras e companheiros,

BDS-Galiza tivo conhecimento do convite que o Centro Social A Esmorga
cursou a D. Josep Lluis Carod-Rovira para ditar umha palestra o próximo 15
de março sobre o processo de construçom nacional de Catalunya.
Como decerto já sabedes, BDS-Galiza desenvolve no nosso país a campanha
global de Boicote, Desinvestimentos e Sançons a Israel e, como parte
substancial do seu lavor, promove o boicote às actividades culturais em
que participam persoas que defendem publicamente a ocupaçom de Palestina,
justificam a violência que o estado sionista exerce contra o seu povo e se
oponhem a qualquer iniciativa solidária que vise pôr fim ao processo de
limpeza étnica iniciado polo exército sionista em 1948.
Tal é o caso do Sr. Carod-Rovira, ex militante de Esquerra Republicana e
conspícuo valedor das políticas racistas de Israel, objecto de admirados
elogios de membros (de "compañeiros") da Asociación Galega de Amizade con
Israel (ex Asociación de Amizade Galiza-Israel), umha entidade cuja
índole e interesses som óbvios para qualquer persoa medianamente avisada,
nom digamos para activistas que se situam fora da esfera de influência do
poder.
(galiza-israel.blogspot.com/2011/08/siria-e-os-arabes-bos....).
Por nom tornar desnecessariamente prolixo este escrito, lembraremos apenas
quatro actuaçons do Sr. Carod Rovira que nom deixam lugar a dúvidas sobre
a sua atitude a respeito da luita do povo palestiniano por recuperar a
soberania sobre o seu território.
O Sr. Carod Rovira realizou em 2005 umha visita a Israel com o propósito
de render homenagem a Yitzhak Rabin, um indivíduo que deve ser lembrado,
entre outras cousas, por ter sido responsável directo, ao mando de
unidades militares do exército colonialista, de operaçons de limpeza
étnica e actos terroristas contra civis de Palestina.
O Sr. Carod Rovira voltou a Israel em 2008 para entrevistar-se com Shimon
Peres (posteriormente um dos maiores defensores da operaçom Chumbo
Derretido) e aproveitou a ocasiom para elogiar a "tenacidade" com que o
povo israelita se esforçou até "lograr o seu próprio estado", fruto,
segundo a sua pouco fundamentada opiniom, dumha "longa marcha de dous mil
anos". (Periódico de Catalunya e Vilaweb 18/11/2008 - 17/22/2008)
Quando Rosa Bonàs, deputada de Esquerra Republicana, foi objecto de umha
dura campanha promovida polo lobby sionista e a própria embaixada de
Israel no Reino da Espanha a raiz da apresentaçom de umha proposiçom ao
Congresso pedindo a suspensom de todas as ajudas ao estado sionista, o Sr.
Carod Rovira, despois de desautorizar a deputada do que na altura ainda
era o seu partido, pediu perdom a Israel e calificou a iniciativa de Rosa
Bonàs «como un erro político grave que, além do mais, nom é coerente de
maneira nengumha com as minhas próprias convicçons", afirmando a seguir,
por se houvesse dúvidas, "o nosso rejeitamento sem paliativos ao
terrorismo [palestiniano], o nosso reconhecimento inquestionável ao
direito à defensa do estado de Israel".
Durante a operaçom Chumbo Derretido, enquanto as mocidades de Esquerra
Republicana se manifestavam na rua contra a carnificina de Gaza
qualificando Israel de estado genocida, Carod Rovira nom se dava ao
trabalho de responder à carta aberta que lhe dirigiu o deputado Jordi
Miralles, que pedia à Generalitat (de que Carod Rovira era
vice-presidente) a congelaçom dos acordos comerciais de Catalunya com o
estado sionista e a condena dos ataques à populaçom de Gaza. Também nom
pareceu merecer a sua atençom o escrito publicado por David Bondia em nome
do Institut dels Drets Humans de Catalunya, em que se pedia ao governo que
pressionasse Israel para deter o massacre.
Sim tivo vagar no entanto o Sr. Carod Rovira para assistir esses mesmos
dias a umha ceia organizada pola Associació de Relacions Culturals
Catalunya-Israel, onde --imaginamos- reafirmaria a sua impávida
justificaçom do direito do governo sionista à bombardear civis alegando
legítima defensa contra o terrorismo.
Comprenderedes portanto que BDS-Galiza nom se mostre indiferente à
presença no nosso país de um indivíduo que tam abertamente serve os
desígnios colonialistas de Israel e que perceba como triste ironia o feito
de A Esmorga dar a palabra para versar sobre o direito à soberania a um
apoiante do paradigma de violador do mesmo.
Pedimo-vos em consequência que canceledes a palestra prevista para o 15 de
março ou, melhor ainda, que convidedes no seu lugar umha persoa que apoie
sem reservas nem excepçons interessadas a luita dos povos oprimidos por
recuperarem a soberania do seu territorio.
Na certeza de que entenderedes as razons que nos movem a vos fazer esta
petiçom, enviamos-vos os nossos saúdos mais cordiais,
BDS-Galiza (www.bds-galiza.org )

Manifestación da CIG en contra da nova reforma laboral (Compostela)

O sábado, 10 de marzo, a CIG convocou unha manifestación en contra da nova reforma laboral en tódalas cidades galegas. En Compostela saiu da Praza Roxa e rematou na Praza do Toural.

11-Marzo Mulleres galegas en loita polos nosos dereitos

Segundo se achegaba o mediodía, as cores violetas ían tinxindo, xunto a bandeiras e faixas multicolores, a explanada da estación de tren de Compostela. A convocatoria realizada por nove colectivos e organizacións, xunto á Marcha Mundial das Mulleres, comezaba a camiñar no que serian mais de hora e media de festa reivindicativa, pois iso foi no que se converteu a manifestación deste domingo en Compostela, onde as consignas eran baile e cancións, e a música e os cantos consignas de rebelión.

Máis info: www.feminismo.info/webgalego/

8 de marzo - A Coruña

Có lema Nin eternas coidadoras nin escravas do sistema concentrarémonos este xoves 8 ás 20 na delegación do goberno.

A reforma laboral veñen a afectar gravemente a todas as persoas, e de xeito máis específico ás mulleres, xa que partimos dunha situación de desigualdade respecto dos homes, con maior temporalidade laboral, a maioría dos contratos a tempo parcial (cos conseguintes dereitos parciais), maior desemprego, maior número de despedimentos, cobramos un 22% menos que os homes de media polo mesmo traballo, e se están a facer graves recortes nos sectores públicos máis feminizados como a sanidade e a educación, sumando a isto ás tácticas de desprestixio e acoso aos servizos públicos.

Denunciamos ademais que o “novo” ideario dos políticos dos gobernos de Europa está a coincidir coa crueldade e inxustiza do sistema neoliberal e capitalista, que a súa vez ven a alimentar cada día máis ó sistema patriarcal e a garantir os intereses dos poderosos: bancos, Igrexa, grandes empresas…

Nós, traballadoras todas, con ou sen emprego, migrantes e autóctonas, coidadoras e con dereito a ser coidadas, xóvenes e anciás, diversas rexeitamos este sistema que se alimenta da explotación dos seres humanos, e da natureza, que aposta pola morte para xenerar beneficios económicos para unha minoría da poboación, e reivindicamos un cambio de rumbo radical, no que a vida, o benestar e a igualdade sexan o centro de tódalas decisións políticas. reivindicamos que o noso corpo é noso e temos dereito a vivilo como nos pete; somos nos as únicas soberanas para tomar decisións sobre o mesmo, para decidir sobre a nosa maternidade e contar con apoios necesarios para exercela ou non. Así as políticas públicas teñen a obriga de acompañar a toma de decisións de cada muller e non a ideoloxías relixiosas concretas.

A nosa aposta, a aposta feminista para toda a humanidade é radical, e non pode ser doutro xeito, porque radical e ir a ráiz dos problemas, e iso pasa por construír un cambio cultural, económico e social no que o primordial sexan a vida o benestar, a a liberdade e igualdade de tódalas persoas.

E lembrade que o domingo 11, ás 12:00h, vémonos todas na manifestación nacional en Compostela. Mulleres galegas en loita polos nosos dereitos!

NIN ETERNAS COIDADORAS, NIN ESCRAVAS DO SISTEMA!

VIVA A LOITA DAS MULLERES! VIVA A LOITA FEMINISTA!
www.15m-acoruna.com/

8 de marzo - Ourense

Este 8 de Marzo sae á rúa con nós! Mulleres galegas en loita polos nosos dereitos!

Manifestacións/Concentracións/Actividades do 8 de Marzo:

Santiago de Compostela
20.00h Praza do Toural

Ourense
19:00h Rúa do Paseo

Vigo
20.00h Praza de Portugal

Ferrolterra
20.00h Cantón de Molíns

A Coruña
20.00h Praza de Ourense

Hai moitos motivos para saír á rúa! [ Manifesto da Marcha Mundial das Mulleres ]

Que está pasando?

A estafa que chaman crise económica, xunto a gobernos que lexislan contra os dereitos acadados polas mulleres afianzan o machismo e a desigualdade.

O mundo que temos

-Os recortes sociais, as reformas laborais e das pensións, a privatización dos servizos públicos afondan na situación de desigualdade que ocupan as mulleres no mundo laboral e na sociedade en xeral.

-Converten outra vez o aborto nun delito, restrinxen o aceso a anticonceptivos como a “píldora do día despois”, eliminan os tímidos avances en educación como foi a implantación da asignatura “Educación para a cidadanía”, son as lindes que os gobernos do PP queren poñer á nosa liberdade e aos nosos dereitos.

-Os avances en políticas de igualdade dos últimos anos están sendo demolidos. Desaparecen o Servizo Galego de Igualdade, os Centros de Información á Muller… Aínda que a violencia machista segue matando, redúcense os orzamentos e servizos de atención ás vítimas.

-A privatización, eliminación e encarecemento de servizos públicos como escolas infantís, comedores escolares imposibilitan a conciliación da vida laboral e familiar.

-Xornadas laboráis prolongadas; longas e infrutuosas búsquedas de emprego, recorte asistencial a depencencias… Están recluíndo forzosamente ás mulleres no espazo doméstico con perda de independenza económica e dereito a prestacións.

-Empodérase á lerarquía católica e organización integristas como ProVida ou Red Madre, promulgando a lei malchamada de Apoio á Familia e a Convivencia, e trátasenos ás mulleres como cidadás sen plenos dereitos.

-Acentúanse os movementos migratorios entre as mulleres. As que veñen atópanse con dereitos recortados, e as que están, sobre todo mulleres mozas, vense obrigadas a emigrar para conseguilos noutros países.

-Hai avances que non se consolidan, como o das labregas ao aceso á cotitularidade da explotacións, e outros que se aplican sen ter en conta as singularidades das mulleres afectadas como é o caso da nova regulación do servizo doméstico.

O mundo que queremos

- Esiximos: Respeto polos nosos dereitos sexuais e reproductivos. O dereito ao control dos nosos corpos, garantindo o dereito ao aborto gratuíto na sanidade pública

-Esiximos: o dereito a unha atención especializada á saúde das mulleres na sanidade pública, que sexa gratuíta e de carácter universal.

- Esiximos: servizos públicos e medidas que permitan compatibilizar a vida persoal, familiar e laboral, tanto aos homes como ás mulleres.

-Esiximos: accións dirixidas a eliminar as desigualdades salariais, a temporalidade, a precariedade dos traballos feminizados e a sobreexplotación. Creación de emprego público.

- Esiximos: manter, mellorar e ampliar os servizos públicos que dean cobertura ás necesidades de coidados de familiares e persoas a cargo. Dereitos reais para as empregadas domésticas.

- Esiximos: políticas integrais para a eliminación da violencia machista, con recursos públicos suficientes. Acabar co tráfico de persoas.

- Esiximos: Ensino público, gratuito, non sexista, igualitario e de calidade, que garanta unha educación nos valores da igualdade, da paz, da xustiza e da solidariedade. Dereito á coeducación.

- Esiximos: prestacións sociais e pensións dignas para todas. Acción positiva para evitar as desigualdades na cuantía derivadas de situacións de discriminación no momento da cotización.

- Esiximos: políticas laborais , agrarias, alimentarias, fiscais e sociais en función das necesidades da cidadanía, que frenen a emigración da mocidade con accións positivas que poñan fin á discriminación das mulleres.

IX aniversario do Centro Social A Revolta

agal-gz.org/blogues/index.php/revolta/2012/02/27/programa...
3 de março de 2012 fazemos 9 anos. Já vai lá quase umha década de ativismo desde o coraçom deste Vigo industrial do século XXI, quase umha década de compromisso, de dignidade, de solidariedade, de raiva e de luita. Aturando golpe a golpe mas também construindo poder popular, desde a base, desde o bairro, desde este Berbés que nos viu percorrer as suas ruas desde fai bem de anos e que nos viu nascer coletivo no entrudo de 2003. Fôrom muitas as pessoas que passárom por aqui e às quais queremos agradecer todo o seu trabalho desinteressado, muitos os projetos iniciados desde esta modesta associaçom cultural, queremos celebrá-lo convosco e que vos orgulhedes de todos estes anos como nós nos orgulhamos dos irmaos que nom o podem celebrar com nós por encontrar-se nas masmorras da Espanha.

Homenaxe en lembranza de Xosé Reigosa da Ría non se vende

arianonsevende.wordpress.com/2012/02/29/sabado-3-de-marco...

Na memoria de Xosé Reigosa, loitador incansábel na defensa dunha terra viva e dunha vida digna

Homenaxe a Rosalia da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega

Este venres cúmprense exactamente 175 anos do nacemento de Rosalía de Castro e para celebralo a Asociación de Escritores en Lingua Galega organizou un feixe de actividades de todo tipo e en todas as direccións, animando ademais á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor. Dende hai semanas, ademais, foilles remitindo aos concellos de todo o país solicitudes para que os plenos municipais aprobasen mocións declarando este 24 de febreiro como Día de Rosalía de Castro.

Mufest 2012, festival de cinema feito por mulleres

A revista galega de pensamento feminista Andainda organiza a terceira edición do MUFEST, Festival de Cine feito por Mulleres, que se celebrará nas datas do 22 ao 25 de febreiro de 2012, a partir das 19.30h no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) na cidade de Santiago de Compostela.

O MUFEST é un festival audiovisual que promove o crecemento cultural e artístico e o impulso das futuras directoras, produtoras e guionistas, onde teñen cabida curtametraxes de animación, de ficción e documentais. Apoia a creación de novas obras audiovisuais que amosen novas perspectivas, tanto sociais como culturais, fomentando a diversidade e a visibilidade.

Concentración en Vigo en solidariedade cos estudantes de Valencia

Dentro das mobilizacións que se están a suceder ao longo de todo o estado español en contra dos recortes no ensino público, o acontecido en Valencia é o que máis resoa. O epicentro das protestas na cidade é o instituto Lluís Vives, onde hoxe se volvían concentrar centos de compañeiras e compañeiros para defender os seus dereitos e protestar pola brutalidade da policia española.

Rolda da Rede Feminista Galega de apresentación da campaña do 8 de marzo

Lanzamento da ampaña nacional do 8 de marzo baixo o lema "MULLERES GALEGAS, EN LOITA POLOS NOSOS DEREITOS!", convocada por diversos colectivos da Galiza (Andaina, CIG, CUT, Faraxa, FeminismosCompostela, Marcha Mundial das Mulleres, Nós Mesmas, Rede Feminista Galega, SLG, e STEG).
A presentación terá lugar hoxe, ás 12 da mañá, na libraría de mulleres Lila de Lilith Mulleres (rúa Travesa, 7 - Santiago).

Concentraçom BDS-Galiza ante a presença do músico sionista Idan Raichel em Compostela

Essa mesma noite o exército israelita bombardeou a Faixa de Gaza matando a um civil palestiniano: bit.ly/wvyKxG

Presentacion do documentario A resistencia ao encoro do Río Umia en Cuntis

A sala de conferencias da Casa da Cultura Roberto Blanco Torres da vila do Baño foi, pouco a pouco, ateigándose de persoas, non só do concello de Cuntis senón tamén de toda a bisbarra: Moraña, Caldas e A Estrada. O obxecto era ver, ese sábado 4 de febreiro, o documental titulado A Resistencia ao Encoro do Umia: a razón como defensa, da autoría de Santi Martínez e César Caramés, dous activistas sociais, de Cuntis e Moraña, respectivamente, que empregaron varios meses na elaboración desta reportaxe que non busca dar a ver un traballo profesional, ou tremendamente técnico, senón a traxectoria cronolóxica dunha gran mentira: a creación do monstro máis grande da comarca, o monumento a prepotencia e ao desprezo social.
Máis info: ofervedoiro.blogaliza.org/

Mobilización dos traballadores do naval de Ferrol nas rúas da Coruña

Miles de traballadores e traballadoras do naval de Ferrol mobilizáronse hoxe polas rúas da Coruña para esixir solucións a crítica situación do sector do que dependen máis de 17.000 empregos na comarca de Ferrolterra.

www.galizacig.com/avantar/novas/9-2-2012/5000-traballador...

Manifestación no Carballiño contra a instalación da incineradora no Irixo

O 29 de Xaneiro as 12:30, na praza maior do Carballiño, manifestámonos contra a planta Incineradora que pretenden facer no Irixo.

Dende a Coordinadora Veciñal, Incineradora no Irixo, NON, animamos a toda a xente a que participe na manifestación para pelexar pola nosa terra, a nosa saúde e a nosa forma de vivir.

Máis info: www.incineradoranoirixonon.es/

Concentracion mensal polos presos independentistas de Ceivar - Vigo

Como cada última sexta feira do mês, o Organismo Popular Anti-Repressivo Ceivar, volta convocar às pessoas solidarias c@s pres@s independentistas à concentraçom que se vém desenvolvendo dende o mês de novembro do ano 2010 fazendo-as coincidir co jejum mensal que realizam @s membr@s do Colectivo de Pres@s Independentistas Galeg@s em demanda do seguinte:

- Reconhecimento da sua condiçom de prisioneir@s polític@s.
- Fim da política de dispersom penitenciária.
- Reagrupamento dos membros do colectivo numha prisom em território galego.
- Cessamento do regime de reclusom nos centros de menores.
- Melhora geral nas condiçons de vida nas prisons.

Máis info en www.ceivar.org

Stop desafiuzamentos - Concentración no Santander

A axuda mútua e a mobilización conseguiron deter a subasta da vivenda de Susana, viciña de Vite, este martes. Mais ainda fica moito por facer. O Banco Santander mantense nunha posición inflexíbel e non parece disposto a renunciar a subastar de novo a vivenda desta viciña de Compostela. Susana ten traballo e pode seguir facendo frente aos pagos sempre e cando a cuota mensal se reduza, tendo en conta a sua situación salarial. Por que o Banco quere deixar a Susana na rúa? Como viciñ@s de Compostela amosémoslle ao Banco Santander que Susana non está soa.
A vivenda é un direito e non un negocio.
Xunt@s podemos!!

Festa pola morte de Fraga: Vigo non está de loito!

O 16 de xaneiro Vigo celebraba a morte do ministro franquista Manuel Fraga. Ás oito no Centro Social A Revolta tiña lugar un brinde porque "xa queda un menos", e á mesma hora comezaba un concerto acústico de Falperrys no bar Saint Pauli. Ás nove e media saía un pasarrúas até o Torreiro da festa entre berros de "esta é a xuventú de Fraga", e "morreu Don Manuel". No Torreiro da Festa comezaba perto das dez e media un concerto no que actuaron Mexa por dentro, We ride e Dakidarria, nun ambiente cheo de festa e alegría.

Marcha ás cadeas - 7 de xaneiro de 2011

Meio centenar de pessoas respondêrom ao chamado de Ceivar na Marcha às Cadeias, evento anual que este ano tivo que adiar-se quinze dias por causa da proibiçom governamental. As prisons em que estám fechados os quatro presos mais recentes fôrom as escolhidas polo organismo anti-repressivo, que tivo que descartar a opçom de acudir a todas as prisons com presos independentistas devido a que a política de dispersom os tem repartidos em oito centros diferentes.

Máis info: www.galizalivre.org

Partido Galiza - RASD de Siareir@s Galeg@s

Mais um ano e mália as trabas e impedimentos dos que cada ano tentam que o nosso projecto nom siga adiante, a selecçom galega voltou ao terreno de jogo da mão de Siareir@s Galeg@s, coincidindo com o nosso XV aniversário.

As actividades começarom a primeira hora da tarde com umha exibiçom de combate medieval por parte da SCEA (Sala Compostelá de Esgrima antiga) e o tradicional aberto de bilharda da LNB. A continuaçom, e depois dos impedimentos da Guarda Civil, que solicitava documentaçons de responsaveis, saia a manifestaçom nacional do campo de futebol. 500 pessoas percorrerom os caminhos e ruas de Cacheiras baixo o lema: 15 anos luitando polas selecçons nacionais!. As 20:30h voltava a manifestaçom ateigando o campo de futebol com mais dum milhar de pessoas que arrouparom à Irmandinha durante o jogo contra a República Árabe Saaraui Democrática. Antes do encontro fixo-se um pequeno ato no que se exigiu justiça no caso de Ezequiel Mosquera e se lerom discursos a prol da oficialidade da nossa selecçom e da igualdade de gênero no desporto. O jogo começou com o saque de honra do ciclista galego e decorreu num ambiente de festa e irmandade entre o povo galego e o povo saaraui e ainda que Galiza ganhou por 2 – 1 (com golos de Verónica Boquete e Jimmi), o que menos importava era o resultado.

Rematado o encontro começarom os concertos que fechariam a jornada. Umhas 400 pessoas acudirom ao campo da festa para disfrutar dos grupos galegos Invivo, Contra as Cordas e Bastards on Parade e os cataláns Opció K-95.

www.siareirasgalegas.org

Liberaçom de presos palestinos

Imagens enviadas por um colaborador do galizalivre.org: Ontem à noite [polo 18] fôrom os festejos pola segunda fase do excarceramento dos prisioneiros e durárom até bem entrada a noite, às duas da manhá no Deisha Camp umha delegaçom de membros de diversas facçons visitou a casa dos ex-prisioneiros para render homenagem aos companheiros retornados, estas som as fotos.

Concentración da plataforma Queremos Galego diante do Valedor do Pobo

15/12/2011 ás 11.30 diante do Valedor do Pobo en Compostela. A plataforma Queremos Galego concéntrase para denunciar a postura antigalega do Valedor do Pobo, que censurou un libro de texto no que se reproduce o artigo 5.1 do Estatuto de Autonomía de Galicia: "A lingua propia de Galicia é o galego".
Habrá outra mobilización o sábado 17, ás 17h, na Praza do Toural (Compostela).

Concentración polo último asasinato machista

O 12 de decembro, Lino Botana Fariña asasinou a Matilde Vázquez Ramallal, veciña de Carral. Matilde, de 38 anos de idade, é a cuarta víctima mortal de violencia machista en Galiza.

Manifestaçom de Ceivar: solidariedade galega contra a repressom espanhola!

Em resposta ao último operativo repressivo desenvolvido polo Estado Espanhol na nossa terra, em solidariedade cos e coas detidas, em apoio aos presos e às presas, para expressar de forma colectiva o nosso carinho e a nossa raiva, o organismo popular anti-repressivo CEIVAR fai um chamamento a todas aquelas pessoas e colectivos solidários a se mobilizar no próximo Domingo dia 11 de Dezembro, às 12:00 na compostelana Praça do Toural.

Para expressar a nossa vontade firme de continuar a trabalhar dia a dia por essa Galiza livre e rebelde que Espanha quer encarcerar; para dizer-lhes a Eduardo, a Maria, a Teto e a Antom que nom estám sós.

Máis info: www.ceivar.org

Mobilización de Causa Galiza en Ferrol: A constitución é unha fraude!

A Constitución é unha fraude! Basta de recortes sociais! Soberanía nacional! Baixo esta lenda a Iniciativa Popular pola Autodeterminación Causa Galiza chama a nacionalistas, soberanistas e independentistas a se manifestaren o 6 de decembro en Ferrol, situando a necesidade de superar o actual cadro xurídico-político como estratexia e resposta frente á crise do modelo socioeconómico.

Máis info www.causagaliza.org

Concentraçom contra as novas detençons de independentistas 4-12-11 Vigo

De Ceivar convocamos um novo acto de denúncia e solidariedade coa militança independentista detida nos últimos dias. VIGO 4 de dezembro 17:00 junto ao MARCO (rua príncipe) LIBERDADE INDEPENDENTISTAS!!

Máis info: www.ceivar.org

IV Festa pola liberdade

A Plataforma Cidadá Que Voltem a Casa anunciou a celebraçom, no próximo dia 3 de Dezembro, da quarta ediçom da Festa pola Liberdade, que mais um ano pretende recolectar a solidariedade humana e económica das galegas e dos galegos para com os combatentes presos e as suas famílias. A Festa, que desta vez se celebrará em Vigo, começará às 21:30 na sala O Torreiro da Festa, e contará entre outras actividades coas actuaçons de Mini e Mero, Marxe Esquerda e Selectah in Helikopta.

Rolda de prensa da Plataforma que voltem a casa!

Familiares de presos e ex presos galegos deron o sábado ás doce da mañá unha rolda de prensa no CS A Revolta, en Vigo.

Rolda de prensa de Ceivar en Compostela

Às 12:00 da manhá de hoje, na livraría Couceiro de Compostela, o Organismo Popular Anti-Repressivo Ceivar convocou aos meios de comunicaçom para dar umha rolda de imprensa perante as últimas detençons dentro da operaçom que esta a levar a cabo a Policia Espanhola contra o independentismo galego.

Máis info: www.ceivar.org

Concentración pola liberdade de Jessi, Cata, Teto e Edu

O xoves tivo lugar en Vigo, baixo unha intensisima chuvia, unha concentración, convocada polo organismo antirepresivo Ceivar, que reclamou a liberdade de Jessi, Cata, Teto e Edu.

Rexistro do CS Revolta por parte da Policia espanhola

Segundo nos informam fontes amigas, já decorrêrom os registos policiais de, alo menos, dous centros sociais galegos, Arredista e Revolta.

No sul do país, várias carrinhas curtavam o passo da Rua Real, no Berbês, para se deter minuciosamente no CS Revolta, acompanhados por outro dos detidos, L.R.F., que saudou as dúzias de pessoas solidárias. Máis info: www.galizalivre.org

Imagens do CSO Bairro do Cura

Imagens aportada pola assembleia do CSO Bairro do Cura

Colamos aqui o seu comunicado inicial:

Como informou galizalivre.org, a filtraçom de informaçom à imprensa do regime obrigou a fazer pública desde já a okupaçom do antigo asilo do Bairro do Cura na Zona Velha de Vigo e as atividades previstas.

Durante as últimas horas um grupo de activistas adicarom esforços ao acondicionamento de parte do imóvel destinado por Valeri Karpin e o alcaide Abel Caballero para a construçom de vivendas de luxo e áreas comerciais. Mas nom estamos dispostas/os a deixalo estar sem mais, nem vamos ficar de braços cruzados ante tal disparate.

Até o de agora nom houvo maiores complicaçons, dous polícias locais achegáronse até o lugar mas sem realizar identificaçom algumha. Assegurarom saber que estám dentro mas que nom estavam lá pola ocupaçom. Também contarom com a inesperada visita de jornalistas de diferentes meios que ante a negativa de fazer declaraçons decidirom marchar. Nos próximos dias seguiremos informando.

Fazemos um chamamento ao tecido associativo da cidade a se implicar activamente na defesa do Bairro do Cura.

PARTICIPA DAS JORNADAS DO BAIRRO DO CURA!!
STOP ESPECULAÇOM!!
OKUPA E RESISTE!!

Concentración antitaurina

29 de novembro, na praza do Obradoiro (Santiago de Compostela)

Manifestación en Vigo contra a violencia machista

Venres 25 de novembro, às 20:00 h. Manifestación desde a Farola de Urzáiz

Museo interactivo contra a violencia de machista:

Este museo-exposición consiste na visualización de diferentes obxectos vinculados coa vida das mulleres. Obxectos que teñen a peculiaridade de desempeñar diferentes significados en relación coa violencia machista, ben por ser considerados elementos xustificativos desta violencia, ou tamén, por seren empregados,polas mulleres, para paliar este drama.

Con esta actividade, tentamos imaxinar un futuro no que a violencia desapareza da sociedade e quede así reflectido nos museos como símbolo dun pasado xa superado.

Máis info: www.feminismo.info/webgalego/

Manifestación contra o desaloxo da Sala Yago

O despejo da okupa Sala Yago na amanhá de ontem, na que fôrom detidas onze ativistas já postas em liberdade, foi respostada com umha manifestaçom de centos de pessoas nas ruas de Compostela. Arredor das 20h30 dúzias de polícias espanhóis de choque e várias carrinhas rodeavam a Porta do Caminho, lugar de convocatória da manifestaçom em solidariedade com as pessoas detidas e a favor da okupaçom.

Máis info: galizalivre.org

20101118 Okupacion da Sala Iago en Compostela

Desde as 11h30 desta manhá um grupo de pessoas ocupa a velha Sala Yago na capital da Galiza. Umha faixa com a legenda "okupa e resiste" está pendurada no prédio de quatro pisos, situado em pleno casco histórico, na Rua do Vilar; um espaço que foi "limpada" de dissidência social nos últimos anos, de mao do processo de turistificaçom da zona velha. A histórica sala permanecia encerrada desde 2007. A estas horas já há as primeiras reaçons políticas, como a de Conde Roa, que entende que "a ocupaçom pode ser umha anedota pré-eleitoral". A polícia local também vigila a zona, mas as portas do prédio foram tapidas desde dentro polas ativistas.
Máis info: www.galizalivre.org ou prod.galiza.indymedia.org/gz/2011/11/27086.shtml

Proxección da curta "Carapuchiña e o pobo feroz" no Bou Eva

Tralo éxito na presentación no MARCO desta curtametraxe nacida na Escola de Audiovisuais de Bouzas, e rodada na súa maioría no Morrazo, temos o pracer de voltar a proxectala para todas aquelas persoas que aínda non a viron.

Contaremos coa presenza do seu director, Jose Araújo, que nos explicará as dificultades coas que se atopou na fase de produción e que comparten tamén outros creadores de Galiza.

Máis info: acboueva.blogaliza.org/

Mobilizacion en Vigo na defensa da sanidade publica

A Plataforma SOS Sanidade Pública valora as miles de persoas que se mobilizaron nas diferentes áreas sanitarias de Galicia como un formidable respaldo ao sistema sanitario público e un rexeitamento ás políticas de recorte e privatización que está desenvolvendo a Xunta e a Consellería de Sanidade.

Esta nova mostra de vontade cidadá demostra que a maioría dos galegos, por encima das súas lexítimas posicións políticas, aposta por manter o carácter público do sistema sanitario que garante o acceso equitativo e universal aos servizos de saúde , e non está disposta a tolerar que co pretexto da crise sanitaria recórteselles ou privatice un dos seus dereitos fundamentais.

Máis info: www.sos-sanidadepublica.org/

Manifestación da CIG na defensa dos servizos públicos

Preto de 3.000 persoas sumáronse á convocatoria da CIG, na primeira mañá de chuvia e frío deste outono, para exixir un cambio radical nas políticas que os gobernos da Xunta e do Estado veñen aplicando. Así o demandou o secretario xeral, Suso Seixo, quen denunciou que hoxe, as traballadoras e traballadores galegos “estamos claramente ameazados por políticas económicas de recorte do gasto social” que levan, dixo, a un “incremento do desemprego, á destrución do tecido produtivo” e que poñen en perigo servizos sociais básicos como a sanidade e o ensino públicos.

Máis info en www.galizacig.com/avantar/novas/23-10-2011/a-cig-mollase-...

I encontro de ex-mariñeiros do banco canario sahariano

Como estaba previsto o pasado venres 21 de outubro, celebrouse en Cangas o I Encontro de exmariñeiros do Banco Canario-Sahariano. A asistencia superou as previsións, e o salón do Concello estivo abarrotado.

Máis info: cutgalicia.org/index.php?option=com_content&view=arti...

Contra os recortes no ensino (concentraçom Corunha)

Hoxe, 18 de outubro, estamos a celebrar concentracións ao longo de todo o país en defensa do ensino público e contra os recortes en Educación. Estas concentracións en que está chamada a participar o conxunto da comunidade educativa: alumnado, pais e nais e profesorado, reclaman un cambio da política educativa e da actitude da Consellaría de Educación e queren trasladarlle ao goberno galego a mensaxe de que rexeitamos os recortes no ensino público e as políticas de privatización dun servizo público esencial.

www.cig-ensino.com/novas/19-10-2011/importante-participac...

Operaçom Robin Hood contra as indenizaçons milionárias dos diretivos da NCG

Diário Liberdade - O movimento Operaçom Robin Hood conseguiu juntar cerca de trescentas pessoas na cidade da Corunha para protestar polas indenizaçons milhonárias que receberám os ex-diretivos da extinta Caixa Galiza.

Mobilización no Zara da Praza de Gz en Compostela

"Levamos varios anos esixíndo que ZARA respete o convenio Colectivo de Comercio Vario de A Coruña, e a raíz das últimas mobilizacións realizadas por UGT e CIG, abríronse negociacións que parecía que ían dar bo froito; pero antes de chegar a un acordo a Empresa sorpréndenos volvendo a "enchufar" a que alguén considera oportuno e, unha vez máis, en particular na tenda de Praza Galiza, realízase unha contratación a 40 horas, e as traballadoras que levan anos esperando a oporunidade de subir horas en contrato? UGT e CIG imos continuar coas mobilizacións"

Palestra na Revolta de Equanimal sobre os dereitos dos animais

A vindoura terça-feira 4 de outubro às 20h00 podera-se conhecer de primeira mão a luita pola libertaçom animal com a presença de Olaia Freiria e Eládio Ferreira, membros de equanimal detidos na última operaçom policial contra o movimento de libertaçom animal.

agal-gz.org/blogues/index.php/revolta/

3-10-11 Mobilización da CUT contra a crise

Onte a CUT estivo de novo nas rúas de Compostela e Vigo convocada pola Federación Sindical Mundial. A nosa voz puido escoitarse reclamando ben forte outro sistema posíbel, reclamando que baixo o capitalismo non haberá dignidade para a clase traballadora.

As reformas do brutal neoliberalismo están a condicionar as nosas vidas grazas a que eliminaron o noso poder de decisión neste sistema. A única alternativa que nos queda é tomar as decisión por nós mesmos e mesmas, sen dilación e sen tregua. De nós depende.

Máis info: www.cutgalicia.org

Concentracion pola liberdade dos presos independentistas galegos

Como todas as últimas sextas feiras de cada mês, o Organismo Popular Anti-Repressivo Ceivar, cartaz_concentraons
convoca concentraçons solidarias cos presos independentistas em diferentes cidades galegas. Estas concentraçons, que se venhem fazendo dende o mês de novembro do ano 2010, coincidem co jejum mensal dos membros do Colectivo de Presos Independentistas Galegos, Santiago Vigo e Jose Manuel Sánchez, presos nas cadeias de Dueñas (Palencia) e Mansilla de las Mulas (León) respectivamente.

O CPIG anunciava em novembro o início de um jejum colectivo todas as últimas sextas-feiras de cada mês como medida de denúncia e reivindicaçom permanente, na exigência do seguinte:

-O reconhecimento da sua condiçom de prisioneir@s polític@s.

-O reagrupamento num mesmo cárcere do Colectivo.

-O fim da ilegal dispersom,o traslado a umha prisom em território galego.

-A melhora geral das condiçons de vida na prisom, alimentaçom, higiene, atençom sanitária, comunicaçons.

-O cessamento do actual regime de reclusom aplicado nos centros de menores.

De Ceivar, também demandamos a inmediata posta em liberdade de Miguel Nicolás e Telmo Varela, presos nas cadeias de Villabona (Asturies) e Dueñas (Palencia) respectivamente.

Manifestación en Composela contra a reforma da Constitución española

Centenares de persoas esixen o dereito de autodeterminación para Galiza frente á reforma constitucional neoliberal

Á mobilización que un amplo colectivo de cidadáns e cidadás convocou para a tarde de onte en Compostela baixo a lexenda A reforma constitucional é unha fraude. En defensa dos dereitos sociais e dos servizos públicos. Pola Soberania Nacional asistiron centenares de persoas desprazadas desde varios puntos da xeografia galega. A marcha soberanista descorreu cun ambiente combativo baixo un discreto dispositivo policial, participando activistas de SLG, Liga Estudantil Galega, CIG, Causa Galiza, MEU, CUT, Encontro Irmandiño e as organizacións independentistas galegas habituais neste tipo de actos.

Máis info: causagaliza.org/rag/nova/2011/09/25/centenares-de-persoas...

Si, si, si, La Vuelta a Madrid!

O 31 de agosto ás catro e media da tarde, na aldea de Larouco, galegas amosaban o seu rexeitamento ao paso de La Vuelta de España polo noso país, e lembraban que "this is not Spain".

Jornadas de mulheres bascas e galegas pola soberania nacional

O 23 de xullo decorreu ao longo de todo o dia en Compostela a xornada feminista de mulleres bascas e galegas na que se abordaron debates e se deron a coñecer o traballo de distintos grupos de mulleres de Galiza e Euskal Herria.

Cadea humana pola liberdade dos presos independentistas

Umhas 250 pessoas unírom as suas maos para formar a já tradicional Cadeia Humana de Ceivar, com a que o organismo anti-repressivo reivindica os direitos dos prisioneiros independentistas galegos.

Concentración en apoio á II Frotiña da Liberdade (A Coruña 29-06-2011)

En vindeiros días encontra-se en augas internacionais, a poucos quilómetros da costa de Gaza (Palestina) a II Flotilla da Liberdade. Esta expedición tentará chegar estes dias a Gaza. Está conformada por unha ducia barcos nos que viaxan arredor de 500 persoas duns 45 países (entre elas 5 cidadás galegas). A flotilla transporta 2000 toneladas de axuda humanitaria. Esta é unha iniciativa xurdida da sociedade civil en solidariedade con Palestina. Unha iniciativa de civís desarmad@s que viaxa en misión de paz e dentro da legalidade internacional. O seu obxectivo é chegar ao porto de Gaza, e facer chegar axuda e solidariedade urxente a unha povoación castigada duramente pola ocupación militar de Israel e por un bloqueo terrível que está a afogar na miseria e no terror mais absoluto às persoas que habitan este territorio. Un territorio, Gaza, que hoxe é comparábel a un imenso bantustán, un cárcere a céu aberto no que están encerradas un millon e meio de persoas. Un territorio ocupado ilegalmente polo estado de Israel desde hai xa moitos anos no que a vida, a dia de hoxe, é insostíbel.

Esta nova expedición demostra que, como cidadania de a pé, podemos facer o que os nosos governantes non fan. O governo español e a Unión Europea perderon hai tempo toda credibilidade ou vergoña, e son cúmplices directos da situación inumana que vive a o povo palestino. As autoridades israelitas xa anunciaron que non ian permitir a entrada da Flotilla en Gaza, o que nos fai temer que poda volver repetir-se o acontecido o ano pasado, cando o exército israeli atacou, en augas internacionais, o barco Mavi Mármara que transportaba axuda humanitaria a Gaza. Naquel ataque infame o exército de Israel causou a morte de 9 activistas civis desarmad@s.

Por todo isto pedimos-vos o voso apoio e implicación

PAREMOS O XENOCIDIO PALESTINO
NON AO APARTHEID, NON Á OCUPACIÓN
PALESTINA SOMOS TODAS

Concentración contra a represión ao sindicalismo - CIG Servizos (A Coruña 28-07-2011)

Solicitudes de penas de prisión contra dous militantes e máis de 40.000 euros en sancións administrativas a 70 afiliados son parte das represalias do Estado español contra a CIG-Servizos. A Federación, en resposta a estes ataques, organiza unha concentración diante Delegación do Goberno español, na Coruña, o 28 de xuño ás 11:00 horas. Adolfo Naya, secretario nacional de Organización, enfróntase a unha petición de catro anos de cadea pola súa participación na folga de instalacións deportivas. Ao compañeiro Marcos Cadórniga solicítanlle penas de 6 meses a 3 anos de prisión e outra de 10 meses de privación de liberdade tamén por tomar parte en diferentes conflitos laborais.

Info tirada de CIG-Servizos: www.cigservizos.org/nova/2011.06.22/paremos-represi%C3%B3...

Palestras en Vigo: contra a lei de augas e o sistema penal do inimigo

Dúas palestras decorreron este xoves 16 de xuño en Vigo e mostra delas é esta galería de imaxes. Máis info en : revolta.agal-gz.org e www.lume-vigo.org/

Concentración pola liberdade de Telmo e Miguel en Teis

O xoves día 26 de maio, ás 20 horas no mercado de Teis, en Vigo, tivo lugar a concentración mensual que a CUT convoca reclamando a liberdade dos traballadores afilados a esta central, Telmo Varela e Miguel Nicolás. Estivemos novamente nas rúas para facer ben visíbel a situación que están a padecer estes compañeiros que a día de hoxe permanecen nas cadeas como medida preventiva, como medida intimidatoria para aqueles traballadoras e traballadoras que defenden con diginidade os seus dereitos. Máis info en cutgalicia.org/

17 de Maio: Concentraçom Queremos Galego na Corunha

Acto em defesa da língua no Dia das Letras Galegas.

8-Maio-2011 Manifestación Galiza non se vende

“CONTRA O SAQUEO SOCIOAMBIENTAL DA NOSA TERRA”
“Terra viva e vida digna para tod@s”

Día: Domingo 8 de maio

Hora: 12:00 h

Lugar: Alameda/Santiago de Compostela

A rede Galiza Non Se Vende convídavos a participar na manifestación que se celebrará o próximo 8 de maio en Compostela, as 12 na Alameda. Os 60 colectivos que a forman continúan a diario a loitar, resistir, traballar, arelar, formular, construír, informar, concienciar a favor da nosa terra e na procura de dignidade e equidade. Vente expresar con nós por unha Galiza mellor.

Máis info: galizanonsevende.org/

Recebemento ao ex-preso Ugio Caamanho

Após quatro anos e nove meses de cativeiro e depois de ter sido dispersado polos cárceres de Navalcarnero, Soto del Real, Cáceres e Puerto de Santamaria, nesta manhá o militante independentista abandonava a prisom de Dueñas, Palencia. Familiares e amigos do ex-preso independentista aguardam-no às portas da cadeia. Momentos depois tomavam rumo à Terra.

Ugio Caamanho fora condenado pola Audiencia Nacional por umha acçom contra umha entidade bancária na cidade de Compostela no ano 2005. Posteriormente foi-lhe imposta umha outra condena por tentativa de fuga do cárcere de Cáceres no ano 2007.

De Ceivar congratulamo-nos por esta nova excarceraçom e animamos a todas e todos a participar dum caloroso recebimento o sábado 7 de Maio às 20:00 na Praça do Toural da capital galega.

Máis info en ceivar.org

Nova mobilización das traballadoras da limpeza dos colexios de Vigo

Desde as 11 da mañá as traballadoras da limpeza dos colexios de Vigo, xunto a delegadas/os e traballadoras/es doutros sectores concentrábanse fronte á Alcaldia de Vigo para reclamar de novo o compromiso neste conflito, no que se asinou un acordo no ano pasado que continúa sen cumprirse. As traballadoras non foron recibidas polo alcalde, e permaneceron durante máis dunha hora nestas dependencias municipais escoltadas por membros da Policia local.

Manifestación contra a guerra en Libia

Foi o 14 de abril de 2011, en Compostela, convocada pola Plataforma Non queremos outro Iraque.

Concentración contra a Lei de Familia en Vigo

Desde as 20 da tarde no Marco de Vigo o 13 de abril de 2011, convocada pola Plataforma de Organizacións Feministas desta cidade.

Galeria de imagens de Ceivar

Diante da convocatória de manifestaçom o 17 de abril en Compostela polo organismo popular anti-represivo Ceivar, recolhemos algumhas das súas fotografias en distintas manifestaçons no país.

Palestra de Fayed Khaled e Moaña o 9 de abril

O analista e filólogo palestiniano falou sobre novas claves para coñecer o que está a acontecer coas revoltas no mundo árabe. Antes desta nova conferencia, que foi presentada por Concha Trigo, desde galizacontrainfo.org falamos con el, nunha entrevista que estará disponibel en breve no noso site.

Convocatoria pola liberdade de Telmo e Miguel do CSAMT-5 de abril

Após as realizadas no Calvário e em Teis o CSAMT convoca num bairro obreiro de Vigo nova concentraçom para solicitar a liberdade de Telmo e Miguel. Nesta ocasiom terá lugar terça-feira 5 de abril às 20 horas nas Travessas, na praça de América, à beira do centro comercial Camélias.

Máis info: csamt.blogspot.com/

Concentración contra a represión sindical na Casa das Crechas

Foi o 2 de abril desde ás 21 da noite, convocada pola Asemblea Aberta de Apoio ás traballadoras e traballadores da Casa das Crechas, da sección sindical da CUT, máis info en cutgalicia.org/

Palestra no Pichel sobre as revoltas árabes (2 de abril)

sábado 2 de abril

Contaremos com FAYEZ KHALAF, filólogo e analista político palestiniano
COZINHA ÁRABE: 18h30
PALESTRA-CONVERSA: 20h30
Máis info: agal-gz.org/blogues/index.php/gent/

25 de Marzo 2011 - Non á invasión imperialista en Libia

Concentración no Marco o venres 25 de marzo ás 20, convocada pola Asemblea Aberta contra a guerra imperialista

24Marzo2011 - Concentración da CUT contra a criminalización obreira

A Central Unitaria de Traballadores e Traballadoras estivo de novo nas rúas contra a criminalización da loita sindical.

As circunstancias económicas ás que nos estamos a enfrontar posibilitan que sexan os sindicatos combativos, de clase, galegos e asemblearios como o noso os que saian fortalecidos. Esta posibilidade non lle gusta ao triunvirato do capitalismo (goberno, corpos represivos e patronal) e por iso deciden criminalizar a loita sindical lexítima. Este e non outro é o motivo polo que a CUT está a ser perseguida, este é o motivo polo cal os traballadores están sendo criminalizados e enviados a prisión; traballadores como Miguel Nicolás -afiliado da CUT- e Telmo Varela -Secretario Comarcal da CUT en Vigo- traballadores e viciños exemplares acusados de comprometerse para ser libres.

Máis info: cutgalicia.org/

Concentraçom contra a guerra em Libia (Compostela)

Concentraçom do 23 de Março na praça do Toural contra a intervençom militar imperialista em Libia.

Portugal: Manifestação Nacional CGTP 19 Março 2011 Lisboa

Adicionamos uma série de imagens que nos envia desde Lisboa um colaborador de Galiza Contrainfo. As fotografias recolhem diferentes momentos da manifestação convocada pela organização sindical CGTP o passado 19 de Março como dia de indignação e protesto contra as políticas de austeridade do governo.

Manifestación contra a privatización da auga

Máis de 2.000 persoas congregáronse hoxe, 20 de marzo (antevéspera do Día Mundial da Auga) en Santiago de Compostela, para esixir do Goberno de Feijoó a derrogación da Lei de Augas de Galicia. A marcha cívica, convocada pola Plataforma Galega contra a Lei de Augas, partiu ás 12:30 horas da Alameda, e rematou na Praza da Quintana, onde representantes dasdiversas organizacións que integran este movemento contra a privatización da nosa auga deron lectura a un manifesto.

Máis info: www.sindicatolabrego.com/index.php?s=3&i=658

17-Marzo-11 Palestra EPG decrecemento

Com o título de "Decrescimento para o câmbio social", a área de Ecologia e Medio Ambiente da Escola Popular Galega organiza umha palestra de Manoel Santos, conhecido ativista ecologista e membro da rede Galiza Nom Se Vende. A palestra decorrerá o próximo 17 de março (quinta feira) às 20h:30 horas no local naciona da EPG (Rúa Real, 12, Vigo)

Máis info en: agal-gz.org/blogues/index.php/EPG/

Manifestaçom da CIG no Dia da Classe Obreira Galega

Manifestaçom em Ferrol, 10 de Março 2011

10 de Marzo 2011 - CUT

Concentración no Mercado do Calvario ás 20.

Máis info en cutgalicia.org

20110306 Merdeiras, merdeiros, recuperación desta figura do entroido vigués

Neste domingo dia 6 às 16h00, após o jantar merdeiro, o centro social acolherá a projecçom dum documentário sobre a figura da/o merdeira/o com imagens e entrevistas das/os activistas que estám a pôr em valor este pedaço da nossa história popular.

Máis info: agal-gz.org/blogues/index.php/revolta/

Marcha contra os recheos da Ría Non se vende en Vigo

arianonsevende.nireblog.com/
A rede de colectivos "A Ría Non Se Vende convoca unha marcha manifestación para este domingo 27 de Febreiro, que sairá ás 12:00 da rotonda das áncoras de Bouzas e rematará na Laxe, onde se celebrará un xuízo popular contra @s responsábeis da Autoridade Portuaria de Vigo por estragar a nosa ría.

Oitavo aniversario do CS A Revolta

No próximo sábado dia 26 de fevereiro celebramos oito anos a bater com força desde o Berbés.
Com este motivo, queremos convidar-vos a celebrá-lo connosco a partir das 12h30 do próprio sábado começando com umha sessom vermute e boa música que deixará passo ao jantar popular para o qual teredes que anotar-vos antes do sábado no centro social ou enviando um correio.
Já de sobremesa chegará a foliada da mao de Os parrulos de Lavadores que lhe abrirám o ambiente ao grupo de pandereteiras e pandereteiros A Faísca. Às 20h00 faremos umha breve pausa só para estender o tapete vermelho e receber com as melhores galas ao Coro Tabernário.
E a quem lhe reste corpo, às 22h00 ainda pode assistir à impressionante posta em cena do tandem Selectah in Helicopta Sound + Gendebeat

Máis info en: agal-gz.org/blogues/index.php/revolta/

Roteiro pola Cidade da Cultura organizado pola Gentalha do Pichel

Acompañamos as compañeiras e compañeiros da Gentalha do Pichel, nun roteiro, no que Joam Lopes, da Plataforma Cultura Sim, Mausoleo Nom, explicou a historia da macroestrutura do baleiro, que puidemos visualizar, e Marcos da Gentalha, tamén explicou as consecuencias que para as Branhas do Sar ten este mausoleo. Para non perder, son as obras que atopamos na Biblioteca da Cidade da Cultura. Proximamente video en hyyp://galizacontrainfo.org

Concentración pola liberdade dos presos indenpendentistas galegos

A sexta feira 25 de Fevreiro, en Compostela, ás 20.30
Máis info en ceivar.org

II edición do Mufest, cinema feito por mulleres

O MUFEST, organizado pola Asociación Andaina de Mulleres, promove o crecemento cultural e artístico e o impulso das futuras realizadoras, produtoras e escritoras e o apoio á creación de novas obras audiovisuais que amosen novas perspectivas sociais e culturais fomentando a diversidade e a visibilidade da muller no cinema.

Neste enderezo (http://www.andainamulleres.org) podedes consultar as bases e o programa da II Edición do Mufest, que terá lugar do 22 ao 26 de febreiro, en Compostela.

Concentración pola liberdade dos presos independentistas galegos

Ceivar convocou concentraçons solidárias para a 6ª Feira 28 de Janeiro com motivo do dia de jejum mensal que vai desenvolver o Colectivo de Presos Independentistas Galegos (CPIG) em reclamo das seguintes reivindicaçons: o reconhecimento da sua condiçom de prisioneir@s polític@s; o reagrupamento dos membros do CPIG num mesmo cárcere; o fim da ilegal política de dispersom, o traslado a umha prisom em território galego; a melhora geral das condiçons de vida na prisom, alimentaçom, higiene, atençom sanitária, comunicaçons; o cessamento do actual regime de reclusom aplicado nos centros de menores. Máis info en htpp://www.ceivar.org

Estrea da videoreportaxe sobre a folga xeral

Nos Cabazos, en Candeán, o pasado 24 de xaneiro.
www.galizacontrainfo.org

Mesa redonda informativa sobre a reforma laboral 20-1-11

Cunha nova reforma laboral xa aprobada, a reforma do sistema de pensións en proceso de negociación (con vistas a aprobarse o 28 de xaneiro) e a continúo recorte de presentacións e dereitos sociais, fai patente que se lexisla en contra dos nosos intereses. Por suposto, non somos informadas: Ante as últimas reformas, cales son os nosos dereitos laborais e a cobertura social actual?

Mesa redonda informativa:

- Reforma laboral e das pensións. Novidades introducidas polas reformas e marco de dereitos actual. Ricardo Castro e Isidro Román, membros do espazo unitario de mobilización social e representantes sindicais.

Máis info en: odscoia.arkipelagos.net/

Galería da videoreportaxe sobre a folga xeral

A continuación disponibilizamos algunhas das imaxes e das persoas coas que estivemos a falar nestas semanas, mentres artellabamos unha videoreportaxe sobre a vindeira folga xeral do 27 de xaneiro, que en poucos días estará na rede.

Tentamos recoller opinións diversas de distintos centros sociais, grupos feministas, ecoloxistas e
traballadoras/es, asi como de centrais sindicais.

Nese sentido, conversamos sobre a folga xeral do 27 de xaneiro, sobre a súa necesidade, a perda de dereitos (reforma laboral, aumento da idade de xubilación, e pensións), que significa este contexto no noso país, entre outras reflexións.

Fotos impresas para a súa distribución

Aqui está unha selección das nosas imaxes das que fixemos unha impresión de 200 copias en tamaño 11x17, e que ao prezo de só un euro estarán disponibeis desde o venres para colaborar con este proxecto de contrainformación audiovisual.
galizacontrainfo.org
gzcontrainfo@gmail.com

Concentración da CGT contra os despidos en Citroen (11-01-11)

Tres afliados á Confederación foron despedidos no último mes.

A direccion de Citroen en menos dun mes despediu a tres afiliados da CGT. Demasiada coincidencia, como para creer que é froito da casualidade. Máis info en cgtgalicia.org

Concentración pola liberdade de Miguel

O 29 de decembro tiña lugar unha convocatoria da CUT para esixir a liberdade de Miguel, traballador e sindicalista, preso na Lama desde hai máis dunha semana. Ás 20 comezaba no Mercado do Calvario esta concentración da que tamén participaron outros colectivos independentistas e anti-represivos. Para máis info: www.cutgalicia.org

Xornada de Siareir@s Galeg@s en Ourense pola oficialidade

A jornada do 26 de Dezembro em Ourense, que se celebrou sob o lema “Povos em luita, selecçons irmás”, começou co aberto de bilharda, e continuou com a manifestaçom e o jogo Galiza-Palestina.

Máis info en: siareirasgalegas.blogaliza.org/

18-D: Presentación do Acordo Democrático Nacional de Causa Galiza

Causa Galiza presentou o 18 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra, perante un salón de actos cheo, o Acordo Democrático Nacional, impulsado pola iniciativa soberanista como alternativa ao proceso de reforma estatutaria en Galiza. O ADN, que recolle “a soberanía política en Galiza corresponde exclusivamente ao pobo galego” e resume en oito puntos as reivindicacións básicas do movemento autodeterminista, foi asinado por dez organizacións (Movemento pola Base, Espaço Irmandinho, Frente Popular Galega, Partido Comunista do Povo Galego, Colectivo Nacionalista de Marín, Ceivar, Adiante, Assembleia da Mocidade Independentista, Confederación Unitaria dos Traballadores e Redes Escarlata).

Máis info en : causagaliza.org/

Mobilización da CUT para unha nova folga xeral

A CUT volve saír as rúas o xoves 16 de decembro, ás 20 horas dende a Praza de Fernando El Católico en Vigo. A finalidade desta nova manifestación é continuar coas mobilizacións que levamos facendo os dous últimos anos contra as reformas do capitalismo e os seus servos políticos sexan da cor que sexan.

Máis info en cutgalicia.org

Folga estudantil contra Boloña na uSC

A jornada de luita estudantil em defesa do ensino superior público concluiu na capital da Galiza com umha importante adesom do estudantado, que abandonou as salas de aulas de maneira maioritária.

Máis info: diarioliberdade.org

Acto de Ami contra a Constitución española

Da AMI anunciaron a convocatoria dun acto en Compostela a sexta-feria dia 3 de Decembro. O acto consistiu numha concentración-acto político na praza do Toural ás 20.00hh. Posteriormente realizarouse um concerto no C.S. A Gentalha do Pichel, coa actuación de Sacha na horta.

Contra o peche das casas de acollida de VIH

Desde as doce da mañá fronte a San Caetano integrantes do Comité Anti-sida de Ourense denunciaban o inminente peche das casas de acollida para persoas con VIH-Sida nesta cidade e en Vigo.

Solicitaron reunirse coa conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e berraron ás portas de San Caetano contra estes peches e a estigmatización "porque de novo a crise afecta ás persoas máis febles".

Mentres cruzaban o paso de peóns nesta entrada de San Caetano, para denunciar a súa situación, dous furgóns de antidisturbios acudiron para ameazar con sancións no caso de non retirarse, e como continuaron coa súa mobilización, os axentes procederon a identificar a estas persoas.

Por último, reproducimos o comunicado repartido: A Consellaria de Traballo e Benestar avoca ao peche ás Casas de Acollida para persoas afectadas polo VIH-Sida, de Ourense e Vigo, ao reduciren o seu orzamento en máis dun 46%.

Esta actuación por parte da Consellaria de Traballo e Benestar supón unha clara actitude discriminatoria cara as persoas con VIH e un claro ataque ao dereito das persoas con VIH a unha atención sociosanitario digna e integral, empiorando o seu dereito ao Estado de Benestar e a Saúde.

Unha vez máis atácase e colócase en indefesión a un colectivo xa vulnerábel pola súa patoloxía e o estigma que a mesma conleva.

Resulta altamente cuestionábel desde os principios morais e éticos que deben guiar toda actuación política, que se avoque ao peche aos únicos recursos específicos que hai no noso país para a atención sociosanitaria de persoas con VIH-Sida.

Hoxe son 15 persoas doentes ás que se obriga a vivir na rúa sen a máis mínima consideración polo seu estado de saúde, porén, ademais, no futuro, se priva desa atención a unhas 45 persoas ao ano.

Inauguración do Centro Social Lume en Vigo - 27-12-2010

A partir das 19 horas apresentouse oficialmente o centro social Lume, na rúa Gregorio Espino 55, en Vigo.

Despois tivo lugar un recital poético a cargo da organización xuvenil Briga, con sombras chinesas, e logo Belém Grandal recitou algúns dos seus poemas.

Por último, unha integrante de Galicia Solidaria co pobo saharui relatou de primeira man cal é a situación no Saara Occidental.

E para rematar a noite, por volta das 21 horas, comezou a foliada no centro social.

Máis info: www.lume-vigo.org/

Concentración Abaixo a Cruz do Castro! 27-11-2010

A asociación viguesa pola Memoria HIstórica do 36 convocou unha concentración contra a Cruz do Castro, en Vigo, xa que "Esixir o derrube da cruz é unha das obrigas que nos impoñen os Estatutos da Asociación. Fieis os nosos principios, seguiremos denunciando a aldraxe que supón a presenza nun lugar público dun símbolo en homenaxe do horror nazi-fascista inaugurada por Franco o 14 de setembro do 1961".

Acción da Rede Feminista Galega: 25-n, nada que celebrar!

O sábado 27 de Novembro saimos de novo á rúa porque non temos nada que celebrar, e rexeitamos o labor das institucións en nome dun falso feminismo, que resulta saboteador e desmobilizador (mais non conseguirán desmobilizarnos!).
Porque as empregadas de fogar seguen a estar en condicións de escravitude.
Porque a que traspasa as fronteiras e é pobre perde todos os dereitos.
Porque as mulleres violentadas, agredidas, maltratadas,… son vitimizadas, xulgadas, e revitimizadas.
Porque a igrexa e os poderes públicos traballan xuntos na perpetuación do patriarcado, constituíndo institucións de alto risco para as mulleres.
Porque as mulleres que se defenden son criminalizadas, e voltan a ser agredidas polas institucións que as desprotexen, e que crean e perpetúan a violencia contra nós.
Porque a maioría das persoas que viven en situación de pobreza no mundo, son mulleres.
Porque seguimos a ser asasinadas.
Porque violarnos é arma bélica que desmoraliza ao inimigo masculino, ademais de limpar a raza.
Porque o machismo é o terrorismo.
Porque a heterosexualidade como único camiño é un modo máis de control e de perpetuación de violencia, ademais dun artificio obrigatorio.
Porque somos mercantilizadas, obxectualizadas, marcadas, conquistadas,…
Porque este texto pode ser infinito e estamos FARTAS.

Temos a capacidade de defendernos, porque levamos toda a vida facéndoo nun mundo feminicida. E seguimos loitando.

Contra o terrorismo machista,
AUTODEFENSA FEMINISTA!

25-N-2010 Manifestación da Marcha Mundial das Mulleres: recortar recursos é atentar contra a igualdade

Baixo o lema “Recortar recursos é atentar contra a igualdade” desenvolve a Marcha Mundial das Mulleres na Galiza a campaña do 25 de Novembro de 2010 do Día internacional contra a violencia machista. Recollemos unha reportaxe gráfica da mobilización que tivo lugar o 25 de novembro ás 20 da tarde, desde Urzáiz, e que rematou no Marco de Vigo, onde se deu lectura a un manifesto.

20101120 Acción anti-Nato en Vigo

Esta semana en Lisboa fixéronse varios actos en contra da cimeira da OTAN que se celebra na capital portuguesa estes días. Dende o Espazo convocaron un acto de rúa en contra desta organización criminal. Foi o sábado 20 de novembro ás 18h00 no cruce de Colón con Príncipe baixo o lema "Agora e sempre, OTAN NON".

As activistas realizaron unha performance, representando "o xogo da oca da OTAN".

Máis info en www.nonaogastomilitar.org/

20101119 Palestra de Causa Galiza en Vigo

A Asemblea comarcal de Vigo de Causa Galiza organiza o venres, sexta feira, 19 às 20.00 h un colóquio.

O colóquio abordará, dun xeito activo e participativo as "Consecuencias socioeconómicas da dependencia do estado español" e contará cos seguintes intervintes:

-Francisco Rodríguez, en representación da CIG

-David Pichel, en representación da CUT

- Fernando Alfaia, integrante de Causa GZ.

6-N Compostela: Papa non!

Engadimos unha nova galería do día da vista papal a Santiago de Compostela con fotos que nos foron enviadas a través do formulario web.

Concentración en apoio ao pobo saharaui en Ferrol

Na Praza do Concello de Ferrol tiña lugar unha concentración desde as oito da tarde quem malia á intensa chuva, se desenvolveu coa participación dunhas 200 persoas, que despois dun manifesto, remataron berrando "Galiza- Sáhara a mesma loita"

Concentración da Rede Feminista Galega contra a visita do Papa

Diante dunha imensa presenza policial, tiña lugar a convocatoria da concentración da Rede Feminista Galega, baixo o lema "As mulheres galegas nom te esperamos", e "8 horas: 4.000.000 de euros", que con múltiples cartaces, berros, e para rematar unha bicada, demostraron que "aínda que a cruz e a porra veñen xuntas", as mulleres e as xentes de Compostela tiñan moito que dicir sobre esta visita financiada pola Xunta e o Estado, e ninguén calou os seus berros.

Bandeiras e situación de Compostela previa da chegada do Papá

Xanelas con bandeiras co lema "Eu non te espero", helicópteros sobrevoando a cidade. Algunhas imaxes de como Compostela "agarda" a chegada do Papa, amosando o seu rexeitamento á mesma.

Acto polas vítimas do golpe de Estado en Honduras

Bartolo Fuentes, integrante da Fronte da Resistencia Hondureña participa nesta semana en diversos actos e palestras para denunciar tanto a situación que vive o país como os numerosos asasinatos que se están a cometer desde o golpe de Estado.

Rolda de prensa da Rede Feminista Galega contra a visita do Papá

O mércores 3 de novembro tivo lugar nos Xulgados de Fontiñas unha rolda de prensa, convocada pola Rede Feminista Galega, na que explicaron os motivos que lles levaron a denunciar ao Papa polos por "delitos de lesa humanidade e apoloxía do xenocidio". Tamén deron conta das manifestacións convocadas o 4 de novembro e o propio dia 6, na Praza de Galiza, ás 12.

2010 10 17 III Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres

O 17 de outubro desde as once e media da mañá, na Praza da Estrela, en Vigo, daba comezo a III Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres de Vigo. Exposicións e un obradoiro deron paso á teatralización dun tribunal da acusación popular,no que denunciaron a situación que as mulleres viven no Congo, e que rematou coa actuación do grupo de Pandereteiras "As tanxedoras"

2010 10 16 Acto pola Memoria HIstórica no Castro en Vigo

O 16 de outubro a Asociación Viguesa pola Memoria HIstórica do 36 rendeu unha homenaxe a 136 persoas que foron fusiladas no monte de O Castro, nun acto no que inauguraron un monolito cunha placa explicativa sobre o asasinato deses represaliados polo réxime franquista, e no que houbo numerosas intervencións de familiares de represaliados.

11-10-10 Concentración contra as detencións de Santi e José

O 11 de outubro ás 20 tiña lugar unha convocatoria de Ceivar contra a recente detención dos mozos independentistas Santi e José.

As concentradas reclamaron a liberdade dos presos independentistas, que xa son 3 xunto con Ugio Caamaño, dispersado na cadea de Dueñas.

Todas as persoas fomos identificadas polo numeroso dispositivo antidisturbios que rodeou a concentración antes mesmo de comezar, e no noso caso, mesmo ameazadas e impedindo o noso traballo na recollida de información, gravando e quitando fotos.

Causa Galiza homenageia aos "Mártires de Carral" (24-04-2010)

A plataforma soberanista Causa Galiza celebrou um acto político em lembrança dos chamados 'Mártires de Carral' e da da revolta de 1846.

Concentración solidaria cos compañeiros feridos de gravidade nunha explosión na refinaría de Repsol (A Coruña, 19-04-2010)

Traballadorxs da refinaría de Repsol da Coruña concentráronse en solidariedade cos dous compañeiros que resultaron feridos de gravidade logo dunha explosión o pasado 15 de abril.
Juan Carlos Souto e José Luís Soares permanecen hospitalizados; os dous eran empregados de mantemento da firma TMS subcontratada por Repsol.
Xs traballadorxs amosaron o seu apoio aos compañeiros accidentados e as súas familias e esixen que se aclaren as causas do accidente.

Proxección Gzcontrainfo na Revolta

Sobre as accións e mobilizacións da asemblea de parados, que despois da proxección falaron da súa experiencia e da situación no sector naval.

Concentración da CUT contra a reconversión naval

Ás 19 da tarde na Praza de América tiña lugar unha concentración da CUT contra a segunda reconversión do naval.

Na folla informativa que repartiron en asteleiros e á xente que transitaba por este lugar explicaban os motivos desta convocatoria, que pasamos a transcreber no seu primeiro parágrafo:

"Cada vez somos máis as/os obreiras/os do sector naval que engrosamos as filas do paro ou dos ERE's. Cada día que pasa entra menos xente polas portas dos asteleiros e se non facemos nada o sector da comarca de Vigo acabará desaparecendo. É necesario por maos á obra xa! De nós depende ter futuro como obreiras/os do naval ou non. Se non nos organizamos, se non nos mobilizamos, se non pelexamos con unllas e dentes, o naval quedará reducido á mínima expresión." Máis info en: cutgalicia.org/