recortes

1 de Marzo de 2015

A Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C loitando pola vida

Disculpa, pero precisas instalar flash para ver este contido.

Compostela 1 de Marzo 2015 - De Praza Pública: "Derrótennos derrotando a enfermidade". Quen fala é Quique Costas, voceiro da plataforma galega de persoas afectadas pola Hepatite C, o colectivo que nos últimos meses lle veu poñendo voz, na rúa e nas institucións, á reclamación para que os cartos non pesen máis que os motivos humanitarios á hora de dispensar o medicamento que cura a súa enfermidade. Despois de que o propio presidente da Xunta os acusase de estaren "manipulados" por "algún deputado da oposición" centos destas persoas e as súas achegadas, así como a oposición en pleno, saíron este domingo ás rúas de Compostela para expoñeren de novo unha reivindicación sinxela: que para acceder aos fármacos non haxa "máis requisito que a prescrición polos correspondentes médicos especialistas".

Ese día estaban convocadas dúas asembleas de traballadores e o salón reservado até as 20:00h, porén os responsables da Xunta decidiron que debía acabar antes de tempo. É a primeira vez que se chama a 2 grilleiras e 1 coche da policía para...

Varios milleiros de persoas participaron esta tarde e Vigo na manifestación convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública e a Xunta de Persoal da área sanitaria para esixir unha sanidade pública de calidade e reclamarlle á Xunta que recupere...

Distribuir contido