recortes

1 de Marzo de 2015

A Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C loitando pola vida

Disculpa, pero precisas instalar flash para ver este contido.

Compostela 1 de Marzo 2015 - De Praza Pública: "Derrótennos derrotando a enfermidade". Quen fala é Quique Costas, voceiro da plataforma galega de persoas afectadas pola Hepatite C, o colectivo que nos últimos meses lle veu poñendo voz, na rúa e nas institucións, á reclamación para que os cartos non pesen máis que os motivos humanitarios á hora de dispensar o medicamento que cura a súa enfermidade. Despois de que o propio presidente da Xunta os acusase de estaren "manipulados" por "algún deputado da oposición" centos destas persoas e as súas achegadas, así como a oposición en pleno, saíron este domingo ás rúas de Compostela para expoñeren de novo unha reivindicación sinxela: que para acceder aos fármacos non haxa "máis requisito que a prescrición polos correspondentes médicos especialistas".

Traballadores/as do Marco e delegados/as da CIG acudiron ao pleno da Deputación de Pontevedra para protestaren contra a decisión do goberno provincial de reducir a asignación económica ao museo vigués, o cal xa ten repercutido tanto en...

O 2 de decembro de 2012 varios centos de persoas, convocadas pola Oficina de Dereitos Sociais (ODS-Coia) e a parroquia do Cristo da Victoria, enlazaron as súas mans en Coia nunha cadea humana que tiña un obxectivo moi concreto: esixir un...

No verán do 2012 un grupo de nais de Samos, O incio, Cervantes, Navia de Suarna, ... érguense en defensa da educación dos seus fillos e fillas no medio no que decidiron vivir: a montaña e o rural galego. (Vídeo realizado por FILMIKA)

MANIFESTO"Por unha educación superior pública, de calidade, e en condicións de igualdade para todos e todas"As alumnas e alumnos da Asemblea Aberta das facultades de Educación e Psicoloxía, decidimos levar a cabo, de forma conxunta, unha...

Distribuir contido