recortes

1 de Marzo de 2015

A Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C loitando pola vida

Disculpa, pero precisas instalar flash para ver este contido.

Compostela 1 de Marzo 2015 - De Praza Pública: "Derrótennos derrotando a enfermidade". Quen fala é Quique Costas, voceiro da plataforma galega de persoas afectadas pola Hepatite C, o colectivo que nos últimos meses lle veu poñendo voz, na rúa e nas institucións, á reclamación para que os cartos non pesen máis que os motivos humanitarios á hora de dispensar o medicamento que cura a súa enfermidade. Despois de que o propio presidente da Xunta os acusase de estaren "manipulados" por "algún deputado da oposición" centos destas persoas e as súas achegadas, así como a oposición en pleno, saíron este domingo ás rúas de Compostela para expoñeren de novo unha reivindicación sinxela: que para acceder aos fármacos non haxa "máis requisito que a prescrición polos correspondentes médicos especialistas".

O profesorado, estudantes e PAS da Universidade de Vigo sacan as clases á rúa para reivindicar o valor da educación pública na mellora democrática da nosa sociedade. Con esta iniciativa, a Asemblea pola Defensa da Universidade de Vigo pretende...

"Cámara oculta: novas políticas de violencia institucional" Xornadas anuais da Coordenadora para a Prevención e Denuncia da Tortura (CPDT) organizadas por EsCULcA (observatorio para a defensa de dereitos e liberdades). - Palestra: Apuntes...

A CIG-Ensino continua a denunciar a destrución de emprego no ensino e exixe un verdadeiro acordo de estabilidade para o colectivo de profesorado interino e subsituto.

Trala concentración pacífica diante do Parlamento Galego de estudantes, profesorxs e traballadorxs da USC contra os recortes nos presupostos da Universidade por parte da Xunta de Galicia, a policía identificoun a tres compañeiras sen...

Distribuir contido