recortes

1 de Marzo de 2015

A Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C loitando pola vida

Disculpa, pero precisas instalar flash para ver este contido.

Compostela 1 de Marzo 2015 - De Praza Pública: "Derrótennos derrotando a enfermidade". Quen fala é Quique Costas, voceiro da plataforma galega de persoas afectadas pola Hepatite C, o colectivo que nos últimos meses lle veu poñendo voz, na rúa e nas institucións, á reclamación para que os cartos non pesen máis que os motivos humanitarios á hora de dispensar o medicamento que cura a súa enfermidade. Despois de que o propio presidente da Xunta os acusase de estaren "manipulados" por "algún deputado da oposición" centos destas persoas e as súas achegadas, así como a oposición en pleno, saíron este domingo ás rúas de Compostela para expoñeren de novo unha reivindicación sinxela: que para acceder aos fármacos non haxa "máis requisito que a prescrición polos correspondentes médicos especialistas".

O ensino público está a ser unha das principais vítimas desta situación económica bautizada como crise. A nova configuración social que está a xurdir producirá un modelo educativo que non atalla as desigualdades sociais, senón que as aumenta....

A CIG e CCOO convocaron hoxe unha protesta no hospital Meixoeiro de Vigo contra o estado de deterioro e abandono no que se atopa o centro médico, e que as centrais consideran un reflexo do que está a acontecer coa sanidade pública galega....

Videocrónica con entrevistas da mobilización en defensa da sanidade pública.

Video da Micropeza teatral que representaron membros de Achadego Teatro o xoves 27 de Xuño no Hall do HULA de Lugo. Este acto estivo organizado pola Plataforma SOS SANIDADE PÚBLICA de Lugo

Distribuir contido