Estrea 18 de xuño ás 20: "O que non van contar na TV sobre o xuizo a catro independentistas galeg*s. Testemuñas da excepción"

O 18 de xuño estreamos videoreportaxe titulado: "O que non van contar na TV sobre o xuizo a catro independentistas galeg@s. Testemuñas da excepción". Será ás 20 da tarde, e estará disponíbel o video na web, na nosa canle de youtube e nas redes sociais.

Nas semanas anteriores ao xuízo aos catro independentistas galeg@s na Audiencia Nacional, que decorrerá 24 e 25 de xuño, desde Galiza Contrainfo gravamos e editamos esta reportaxe sobre a situación dos presos políticos galegos, a vulneración dos seus dereitos e os das súas familias coa dispersión imposta, baixo a lexislación antiterrorista e coa criminalización dos medios de comunicación hexemónicos.

Conversamos coa nai de Eduardo Vigo, Aurora Domínguez, que nos acolleu na súa casa de Angrois, para falar da situación do seu fillo. No parque de Bonaval falamos con Xosé Lois Santos, pai de Antom Santos, sobre o seu percorrido desde que ingresaron ao seu fillo no cárcere.

Entrevistamos en Ourense ao presidente de Esculca, Fernando Arce, sobre dereitos humanos, estado de excepción e a (i)legalidade vixente.

Tamén falamos con Afonso, portavoz de Ceivar, antes da mobilización do organismo anti-represivo que percorreu Compostela baixo o lema de "a nosa solidariedade é imparábel".

Esta é a nosa aportación para que outras voces falen, relatos que non van aparecer na televisión sobre o xuizo da próxima semana.