Concentración dos bombeiros de Vigo contra o abuso de poder dos mandos
Disculpa, pero precisas instalar flash para ver este contido.
9 de Xuño de 2011
Autor/a:
CIG Arredor de medio cento de bombeiros de Vigo volveron concentrarse esta mañá diante do consistorio para denunciar o abuso de autoridade ao que están sendo sometidos por parte dos mandos. En concreto, citan a impunidade coa que un suboficial mantén "tratos impositivos innecesarios, tons burlescos e desprezativos ou comportamentos provocadores" sen que os responsábeis municipais teñan feito nada ao respecto a pesar de que dende o ano 2007 se sucedan as denuncias e alertan de que esta situación pode afectar negativamente á calidade dun servizo tan importante para a cidadanía.
Enviar un novo comentario