Compañeiro de Galizacontrainfo identificado e ameazado nunha concentración da PAH Coruña contra os despexos do Ofimático

O venres 5 de xullo estivemos coas viciñas e activistas da PAH Coruña nunha concentración polo dereito á vivenda e contra os desafiuzamentos do Parque Ofimático, na Coruña.

Un compañeiro de Galizacontrainfo foi identificado polos Antidisturbios e ameazado con ser denunciado e multado se sacaba fotografías nas que apareceran policias. Aínda que se identificou como xornalista, que estaba a facer o seu traballo, os antidistubios deixaron claro que "para nós, ti non és prensa". Foi ameazado con que lle sustraerían o seu material fotográfico, pero non o fixeron porque "non nos apetece e pode que nos denunciaras por coacción e ameazas".

Desde aqui reclamamos o dereito a informar, a sermos testemuñas do que aconteza nas distintas loitas que percorren o noso pais, sen ameazas nin medo a multas ou a constante supervisión do noso material.

Galeria de imaxes da concentración