Charla contra o proxecto de Porto Cabral en Vigo (Isca!, 5/6/13)

Disculpa, pero precisas instalar flash para ver este contido.
5 de Xuño de 2013
Autor/a: 
Gzvideos

Baixo o título "O Monte é noso", Isca! realizou unha charla-coloquio no C.S. Faísca sobre a problemática da construción dun macro-centro comercial en terreos comunais de Cabral (Vigo). Á intervención de Susana Blanco e Mónica Pazo, comuneiras afectadas, seguiu a de Alfredo Pereira, presidente da Organización Galega de Montes Veciñais en Man Común, que trazou un percorrido polos principios organizativos e orixes históricas desta fórmula de propiedade colectiva de orixe xermánica, propia do noso país e do norte de Portugal.No coloquio participaron veciños comuneiros de Cabral que relataron as dificultades coas que se están a atopar para evitar a expropiación do monte comunal da parroquia, na cal se pretende instalar un macro-centro comercial coa connivencia da actual xunta reitora da comunidade de montes e do concello, gobernado polo PSOE, nun proceso cheo de abusos e irregularidades. Unha das críticas máis reiteradas polos diferentes intervintes foi a que ten a ver co propio modelo de centros comerciais que arruinan boa parte do pequeno comercio das cidades, ofertando unha cifra tan demagóxica como irreal de posíbeis postos de traballo a xerar.

Enviar un novo comentario

  • Etiquetas HTML permitidas: <a> <em> <strong> <cite> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd>
  • As direccións das páxinas web e as direccións de correo se convirten en enlaces automaticamente.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.

Máis información acerca das opcións de formato

CAPTCHA
Esta pregunta é para probar que vostede é un visitante humán e prever o envio de spam automático.
CAPTCHA imaxen
Enter the characters shown in the image.