Caderno

Galerías de imaxes da folga xeral

A continuación, disponibilizamos tres galerías de imaxes da folga xeral nacional galega. A primeira é das distintas mobilizacións que tiveron lugar en Vigo, asi como fotos dalgún dos piquetes. A segunda fotogalería é da cidade de Compostela, do 27-x e a súa mobilización. A terceira son fotografías da concentración que se desenvolveu ás portas dos xulgados en Vigo pola liberación dos tres folguistas que aínda permanecían detidos.

Por desgraza, e aínda que estivemos gravando as mobilizacións da CUT e CGT, asi como da CIG en Vigo, a nosa cámara tamén decidiu secundar a folga e non quedou misteriosamente nada rexistrado nas fitas magnéticas utilizadas.

Luns 24 de xaneiro, estrea da videoreportaxe da folga xeral, nos Cabazos, en Vigo

Xa temos data e espazo para a estrea física e mundial da nosa video-reportaxe cara a folga xeral. Será ás 21 da noite na Taperia "Os Cabazos", na rúa Barreiro 85, en Vigo. Agardamos contar coa vosa presenza.

De todos xeitos, agardamos que ao longo desta fin de semana xa poda estar accesíbel na rede esta videoreportaxe, que con máis de catro horas de gravación de conversas e entrevistas, resumiremos con moito traballo cunha duración de perto dunha hora.

Conversas e reflexións

Okupemlesones.org: "Non pensamos tanto en que teñamos a verdade e a difundamos. Trátase de deixar que diferentes mensaxes okupenLaTele e a enriquezan"

A continuación, tedes a entrevista realizada desde o noso colectivo a outro colectivo catalán do que temos difundido pezas como"La mama vs el Papa" ou a videoreportaxe sobre a folga xeral en Barcelona "Encenent la ràbia".

 A contrainformación, o seu traballo como colectivo desde o 2003 e a importancia da comunicación activa son algúns dos temas que abordamos nesta conversa a dúas bandas.

Galizacontrainfo:Como nace este proxecto? Por que acreditades que é necesario? 

Actualizaçons e um problema técnico

Temos algumhas dificuldades técnicas que nos impedem desactivar a reproduçom automática das novas actualizaçons, assim que nom podemos anovar correctamente a portada com os nossos vídeos incrustrados.

Engadimos pois nesta entrada as ligaçons às últimas peças elaboradas:

Causa Galiza: Apresentaçom do Acordo Democrático Nacional em Pontevedra

Vídeo 1

Contém a introduçom realizada polo escritor Séchu Sende e o cantautor punk O Leo. Pel de Noz forom os encarregados de amenizar o acto com os seus instrumentos musicais.

Logo, Xosé Luis Bóveda interveu para lembrar a figura do seu pai Alexandre, assassinado no alçamento fascista do 36.

Decibéis pola okupaçom na Casa das Atochas

Disponibilizamos vários vídeos com os primeiros grupos que tocarom neste macro-concerto em defesa do centro social okupado Casa das Atochas, situado no bairro corunhês de Monte Alto. Actuarom por volta de 15 bandas num recital que continuou ao longo da noite do passado sábado 4.

Aqui vam as ligaçons:

1. Hongo e Nhio!

2. Borrokan

3. Codia e Inu

4. Nashgul e Black Panda

Solidariedade: A casa das Atochas non se desaloxa!

Desde a Casa das Atochas, centro social okupado da Coruña, envian a seguinte información: "a xuíza que instrúe o caso da Casa das Atochas xa mandou a temida carta de requerimento de desaloxo para o vindeiro 9 de decembro.

Este centro social okupado no céntrico barrio das Atochas convertiuse por dereito propio nun referente contracultural e de loita social no plano local e incluso galego. Dous anos e medio de incesantes actividades á marxe do capitalismo e da xerarquía avalan a súa bagaxe autónoma e autoxestionaria.

Protestos contra a NATO em Lisboa

Vídeos:

Acção de desobediência civil:

1. http://www.youtube.com/watch?v=aKB5v_dFtD8

2. http://www.youtube.com/watch?v=E9LIfrLntXA

Manifestação antimilitarista anti-Nato no dia 20 de Novembro:

http://www.youtube.com/watch?v=VOmwkeHZmF4

Crónica da manifestação antimilitarista em Lisboa contra a Nato (CMI Portugal)

Cerca de 30 000 manifestantes desceram a Avenida da Liberdade, debaixo de um dispositivo policial nunca visto, com polícia de operações especiais postada na Rotunda do Marquês e helicópteros sobrevoando a baixa lisboeta.

Documental e loita veciñal en Galiza [proxeccións]

De:http://abarloventoblog.wordpress.com/

Este sábado 20 de novembro as 20:00h na Casa Galega da Cultura. (Praza da Princesa, 2 Vigo)

Presentamos a segunda parte do ciclo documental e loita. Se o mércores pasado proxectamos unha serie de documentais sobre conflictos urbanísticos en diversas partes do estado, nesta sesión nos centramos en conflictos urbanos que aconteceron e están a acontecer en Galicia. Proxectarase:

-Cine Clube Carlos Varela: As grabacións dos movementos e conflictos sociais a finais da década dos 70 en Galicia a través da mirada de Carlos Varela. Unha montaxe de Ramiro Ledo, que estará con nós na proxección.

"Papafernalia" e "La mama vs el Papa", pezas desde BCN o 7 de novembro

Despois de que o Papa visitara estas terras galegas, onde non o esperabamos, tamén chegou a Barcelona, onde tamén se encontrou co "jo no t'espero", con manifestacións contra o asedio policial, e tamén con mobilizacións que tiveron lugar dias antes da súa chegada e no mesmo dia, na propia cidade.