Caderno

Olimpiadas Populares, concentración pola liberdade de Telmo e Miguel e Jornadas Independentistas Galegas

Continuamos cos problemas técnicos coa incrustación de vídeos dos que falabamos na anterior entrada do noso blogue. Seguimos a actualizar a canle do blip,  mais non podemos engadir na páxina as novas reportaxes que temos realizado, así como anovar as seccións de Panorámicas e Olladas.

Agardamos resolver canto antes este problema, mais polo momento queriamos deixarvos as ligazóns dos últimos vídeos do colectivo:

- Olimpiadas Populares Galegas - e fotogaleria .

- Concentración pola liberdade de Telmo e Miguel no mercado de Teis  (Vigo) - 26-05-2011-

Conversa sobre a música galega

Temos alguns problemas técnicos que nos impedem engadir novos vídeos na página. Assim que vos deixamos aqui a ligaçom a última peça realizada.

http://blip.tv/galiza-contrainfo/conversa-sobre-a-m%C3%BAsica-galega-5187195

NOVAS DA GALIZA e Komunicando.net reunirom a Miguel Mosqueira (Ataque Escampe), Martiño Suárez (The Homens) e Davide Seném (dos míticos Xenreira) para analisar o estado da cena musical galega.

Novo ataque á liberdade de información

Aínda que chegamos tarde para amosar a nosa solidariedade, non queríamos que se nos pasara dar a coñecer o acontecido na comarca de Ferrol na pasada folga do 27 de xaneiro a un compañeiro da contrainformación e activista, que foi xulgado a comezos deste mes pola súa gravación de videos e fotos nesta dia de loita das traballadoras e traballadores galegos.

O activista foi identificado nesta xornada e posteriormente recebeu unha notificación dun xuízo por faltas por unha suposta "desobediencia á autoridade". Feitos como este demostran que as cámaras son testemuñas incómodas para as forzas policiais, que prefiren que videos de cargas policiais como a do 27-X na comarca de Ferrol non sian a luz.

O 1º de maio, en imaxes, en Vigo

Disponibilizamos unha galeria de imaxes das distintas manifestacións que tiveron lugar na cidade de Vigo o 1º de maio.

Ás once da mañá saía a mobilización convocada por CUT e CGT desde a Praza de Fernando O Católico, e ás 12 desde as Doblada, comezaba a marcha da CIG nesta mesma cidade.

Podedes consultar as imaxes na nosa sección de Galiza Contrainfo foto, ou a través desta ligazón.

Imaxes do enorme dispositivo represivo contra a mani polo desaloxo da Casa das Atochas na Coruña

Ligazón a galería de fotos da usuaria Rizlinha: http://www.flickr.com/photos/rizlinha/sets/72157626392564149/

"Tras o desaloxo da Casa das Atochas o pasado 12 de abril, houbo dúas saídas á rúa, ambas cun forte dispositivo policial, especialmente a do día 16, prevista como manifestación, que finalmente non puido levarse a cabo ante as fortes medidas represivas coas que ameazaron o desenvolvemento da mesma."

Comunicado da Casa: http://www.casadasatochas.info/2011/04/18/a-casa-das-atochas-quere-felic...

Comprar, tirar, comprar

Comprar, tirar, comprar (2010) é un documental emitido recentemente por TVE que estuda o fenómeno da obsolescencia programada.

Falamos de obsolescencia programada para referirnos ao acurtamento da vida dun produto por parte do fabricante co fin de incrementar as vendas obrigando ao usuario a comprar antes do que os avances técnicos permitirían, un fenómeno que se produce desde os anos vinte do pasado século.

Este comportamento que dun xeito illado levaría a unha compañía á ruína, está na actualidade dominando o mercado de forma que o usuario acaba convencido de que para seguir a moda é preciso mercar sempre o último. Deste xeito, as persoas convértense en simples consumidores convencidas de que cada vez precisan posuír máis bens para conseguir a felicidade e son conducidas a unha situación de insatisfacción continua.

Podería ser un filme de ficción, mais é un documental que retrata a nosa realidade.

Nasce EnfoCant, diário digital cántabro de focagem crítica

Há um tempo recebemos um correio de umhas compas cántabras que gostaram da nossa imagem gráfica (o desenho que representa umha olhadela enquadrando a realidade). Comentavam-nos que queriam usar este desenho como logo de um projecto de informaçom crítica para internet. A nós pareceu-nos estupendo, pois acreditamos em compartir e nom na propriedade intelectual.

Pois bem, agora este projecto já está na rede e queríamos partilhá-lo convosco. Reproduzimos a seguir o seu texto de apresentaçom:

Nasce EnfoCant, diário digital cántabro de focagem crítica

http://www.enfocant.info/

Fotos, fotos e máis fotos...

O domingo estivemos coas compas da Ría Non Se Vende na súa II Marcha contra os Recheos na ría de Vigo, e na xornada anterior, 26 de febreiro, compartillamos o oitavo aniversario do centro social A Revolta do Berbés, tamén na cidade olívica.

Ese mesmo sábado 26 de mañá, participamos dun roteiro na Cidade da Cultura, organizado pola Gentalha do Pichel. Percorremos o exterior e interior deste mausoleo inacabado, monumental exaltación do baleiro. Aínda descubrimos algunha sorpresa que nos fixo sorrir (por non chorar) ante tanta desfeita realizada co malgasto de cartos públicos.

Inauguración da biblioteca da Escola Popular en Vigo o sábado 13 de febreiro

Desde a Escola Popular Galega convídannos á inauguración da Biblioteca Popular, na rúa real número 12, en Vigo, onde tamén está a nosa videoteca e un ponto adaptado para poder ver alí mesmo o catálogo que hai disponíbel.

Deixamos aqui toda a información sobre esta estrea tan agardada, enviamos parabéns as nosas compas da EPG, e alí estaremos!

"Depois dum longo e minucioso trabalho de clasificaçom, registo e catalogaçom que se demorou para além do inicialmente previsto, o próximo 12 de fevereiro abrirá as súas portas a Biblioteca Popular da Escola Popular Galega.

Haiku Molotov e 65

Haiku Molotov

Sairemos à rua

com cócteis molotov

quando cumpramos os 65 anos?

65

Despois de passar polo súper por pam, duas latas de sardinhas, um litro de cerveja e os iogurtes achegou-se à gasolineira por um litro de gasolina.

Manhá facia 65 anos e sorriu pensando que seguramente Lois a sorprenderia com um flam de ovo e umha velinha que apagar dum sopro.

Telefonou, Lois, si, Ola, Amália, Si, Lois, encontrei umha amiga que nom via desde há mais de trinta anos… Amália, chama-se Amália, Como tu! Si, que coincidéncia! Trabalhamos juntas há muitíssimo tempo e nom a vejo desde aquela… E convidou-me a cear… Vou tomar algo com ela e já vou para a casa… A recordar velhos tempos? Ahá. Mui bem, carinho, Um bico, Um beijinho.