Caderno

Abaixo a Cruz do Castro!

O mércores 14 de setembro tivo lugar en Vigo, fronte a Cruz do castro, unha concentración convocada pola Asociación Viguesa da Memoria do 36, xunto a outras entidades, para solicitar a retirada desta cruz, símbolo e exemplo da simboloxía fascista presente na cidade de Vigo.

Galeria de imaxes deste acto

"La Vuelta" a Madrid

O 31 de agosto ás catro e media da tarde, na aldea de Larouco, galegas amosaban o seu rexeitamento ao paso de La Vuelta de España polo noso país, e lembraban que "this is not Spain".

Máis imaxes na nosa sección de fotos, aqui ou nesta ligazón.

Pola liberdadde de expresión: Compostela é nosa!

Desde o noso caderno, queriamos enviar unhas liñas de solidariedade ás organizacións independentistas Briga e Causa Galiza pola prohibición por parte do concello do PP do concerto do 24 de xullo de Briga e a IV Romaria do 25 de xullo de Causa Galiza. 

Chega o 25 de xullo e Compostela convértese nunha "cidade de sitio", onde tanto desde o concello como desde as forzas da orde se pretende invisibilizar calquera mensaxe fóra do institucional e do dia da patria como ritual. Quen se atreve a deseñar novos espazos e reclamar as rúas de Compostela para crear comunidade nacional e defender os dereitos da maioría social, da clase traballadora galega, ten que enfrontar á represión, decretos municipais absurdos, sancións e unha chea de burocracias que impiden a realización desas supostas liberdades democráticas das que "gozamos".

O Festival da Terra e da Língua em imagens

Galeria de imagens da XI Ediçom do Festival da Terra e da Lingua da Fundaçom Artábria, na nossa secçom de fotos.

Máis info na web de Artábria.

Reportagem sobre a repressom contra o movimento em defesa dos direitos dos animais

"Em 22 de junho, 12 ativistas que fazem parte do movimento pelos direitos dos animais foram detidos em diferentes partes do Estado acusados de serem responsáveis pela liberação de minks numa fazenda em 2007, de indústria de peles na Galiza. Unidades de contraterrorismo da Guarda Civil, armados com rifles e acompanhados por cães treinados na detecção de explosivos, invadiu às 7h. na parte da manhã a casa dos ativistas, confiscando computadores e materiais de trabalho, tais como camisas e crachás, e transferidos, algemados e em veículos blindados para os tribunais e quartéis esperando para depor."

Actualmente 3 das activistas detidas permanecem encarceradas na prisom de Teixeiro.

Ver a reportagem de tvanimalista nesta ligaçom.

O 15 e 16 de Julho participa do XI Festival da Terra e da Língua da Fundaçom Artábria

A través destas linhas queremos agradecer o convite a participar da XI ediçom do Festival da Terra e da Língua da Fundaçom Artábria, que terá lugar o próximo 15 e 16 de Julho. Galizacontrainfo participará na mesa de debate "Derrubando os muros da (des)informaçom", com companheiras do Diário Liberdade, Novas da Galiza e Rádio FilispiM. Ademais ás 12.30 do sábado 16 de Julho inaugurarase no recinto do festival, no Muinho do Pedroso (Narom), umha exposiçom de fotografias do nosso colectivo, que recolhem o trabalho de contrainformaçom realizado no último ano.

Animamos á participaçom no festival e deixamos aqui o programa do mesmo e a ligaçom á web do evento.

Fotos, fotos e máis fotos novas!

Na sección de Galiza Contrainfo Foto podedes atopar imaxes da concentración en apoio á Frotiña da Liberdade que tivo lugar na Coruña.

Tamén hai imaxes da concentración organizada pola CIG-Servizos contra a represión ao sindicalismo, tamén nesta cidade.

Do II Festival da Cultura Proletaria e das Xornadas contra a represión sindical organizados pola CUT tamén podedes visualizar as galerias de imaxes destes eventos.

Nos próximos días continuaremos a engadir novos vídeos e imaxes.

Nova peza polo xuízo en Cangas, e actualizacións en Panorámicas e Olladas

Continuamos a traballar en rematar cos problemas técnicos que vimos arrastrando desde hai unhas semanas, e mentres tanto informamos de que hai un novo vídeo na canle de blip de Galiza Contrainfo sobre o macro-xuízo que se desenvolveu contra veciñas e veciños de Cangas que se mobilizaron contra a construción do porto deportivo de Massó.

E temos unha boa nova: tanto a sección de Panorámicas como a de Olladas xa están actualizadas e postas ao dia.