Caderno

20 dias de sançom por fotografar um controlo policial

Um companheiro da organizaçom juvenil Briga terá que permanecer 20 dias em arresto domiciliar como pena substitutória polo nom depósito de 400 euros de multa a que fora sentenciado.

Os feitos polos quais se imputou o jovem remontam-se à Primavera do ano passado, quando na Escola de Formaçom 2010 fora detido por tirar fotografias do controlo policial de estrada que a Guardia Civil coloca nos últimos anos à beira do lugar em que passamos um fim de semana para ter identificadas todas as pessoas participantes.

Malia nom constituir nengum delito objetivo, o corpo armado espanhol inventou um suposto assédio do jovem aos agentes na hora de lhe ser solicitada a entrega da cámara, acabando por construir um tipo penal de desobediência em grau de falta que foi aceitado polo julgado de Betanços.

PonteDocu: Onde podes mirar o que non nos deixan ver

O Ateneo Libertario Lume Negro de Ponteareas organiza unha serie de proxeccións para os vindeiros meses, que queriamos dar a coñecer no noso blogue.

Do blogue de Lume Negro: "A partir do mes de novembro imos poñer en marcha unha nova iniciativa do Ateneo, Ponte Docu, que esperamos vos pareza interesante e vos animedes a participar con nós. A idea é proxectar, todos os primeiros xoves de mes, documentais que, en principio, por resultar politicamente incorrectos ou por tratar temáticas en certo modo incómodas, non será posible ver nos medios de comunicación máis habituais. O lugar das proxeccións será no Enigma-Café Bar, na rúa Real, 27 de Ponteareas.

Vídeos do Foro Social Ferrol Terra

O Foro Social de Ferrol Terra -FSdeFerrolTerra, que adopta a Carta de Principios do Foro Social Mundial, é un espazo aberto de debate democrático de ideas, de afondamento da reflexión, formulación de propostas, intercambio de experiencias e artellamento de movementos sociais, redes, ongs e outras organizacións da sociedade civil que se opoñen ao neoliberalismo e ao asoballamento das persoas fronte ao capital e que denuncian calquera forma de imperialismo.

Vídeos nesta canle de blip: http://blip.tv/fsdeferrolterra

15 Outubro em Portugal

Vídeo-reportagem da manifestação de Lisboa: 15 de Outubro: indignação em Lisboa (20 min)

"Entre 50 000 a 100 000 pessoas manifestaram-se em Lisboa a 15 de Outubro, integradas na manifestação global contra o capitalismo global. Mais do que palavras aqui ficam as imagens. A certeza , também, de que este povo está a perder o medo."

http://www.pt.indymedia.org/conteudo/newswire/5810

Videoreportaxe sobre o desaloxo de Kukutza

Unha semana despois da raiba polo desaloxo de Kukutza, deixámosvos unha ligazón a unha videoreportaxe resumo do que foron eses dias de loita desde o bairro de Errekalde, nesta ligazón, emocionante e necesaria.

Podedes consultar as fotos tamén na páxina do colectivo Ekinklik de fotografia e contrainformación.

Gora kukutza!

 

Fotos da concentración pola liberdade dos presos e solidariedade coa moza detida en Lugo

Na tarde do venres 30 de setembro participamos xunto a outras compañeiras das concentracións pola liberdade dos presos independentistas galegos en distintas cidades de Galiza, coincidindo coa xornada de xexun mensual que os presos veñen facendo desde novembro de 2010 para que se recoñeza a súa condición de prisioneiros políticos, a fin da ilegal dispersión e que sexan trasladados a unha cárcere en territorio galego, a mellora xeral nas condicións de vida na prisión (alimentación, hixiene, atención sanitaria, comunicacións), e o cesamento do actual rexime de reclusión aplicado nos centros de menores.

Contra a Constitución española e os despedimentos

Deixamosvos aqui as ligazóns a dúas novas galerias fotográficas.

A primeira é da concentración que tivo lugar en Vigo, en solidariedade e denuncia polos despedimentos nos hoteis NH, convocada pola CUT.

A segunda é da manifestación deste sábado 24 de setembro en Compostela contra a reforma constitución e pola soberanía nacional de Galiza.

Cos traballadores do naval na rúa de novo..

Un paro de catro horas volveu sacar ás rúas aos traballadores do naval, na defensa do sector e na demanda de carga de traballo para os estaleiros da ría de Vigo, nun ramo industrial que pasou de ter perto de 12.000 traballadores a seren na actualidade só 900.

Imaxes da mobilización