Caderno

Detido un fotoxornalista na protesta contra un desafiuzamento en Madrid

Recollido de lahaine.org

Antonio Tomás, a súa muller e os seus dous fillos foron finalmente desaloxados da súa vivenda no barrio de San Nicasio. A policía detivo na protesta ao fotoxornalista Edu León.

15/12/2011 Actualización 13.00h: Poucos minutos máis tarde do mediodía, o fotoxornalista Edu León foi posto en liberdade con cargos e coa condición de presentarse nos xulgados cada quince días. Ás portas dos xulgados do municipio madrileño atopábanse máis dunha vintena de persoas, entre compañeiros de profesión e solidarios, que esperaban con ganas a súa saída. O fotógrafo foi violentamente detido onte en Leganés cando traballaba cubrindo a noticia do desafiuzamento que se levou a cabo no barrio de San Nicasio.

Contra a violencia machista

O 12 de decembro, Lino Botana Fariña asasinou a Matilde Vázquez Ramallal, veciña de Carral. Matilde, de 38 anos de idade, é a cuarta víctima mortal de violencia machista en Galiza.

Imaxes da concentración contra un novo asasinato machista convocada en Compostela

 

 

Continuamos contrainformando...

Volvemos espertar con grandes titulares, con máis manipulación con vontade de criar alarma social e criminalizar(nos) aos "radicais". E continuamos sen saber que é o que lle vai pasar as nosas compañeiras, onde están e que lles están a facer.

Incomunicación, Lei Antiterrorista, tortura, medios de (des)información, manipulación, seguimento policial, o alento na caluga de políticos noxentos e do terror do Estado español, tristeza e raiba, moita raiba, son algunhas das palabras coas que nós escrebemos estes dias escuros.

Non van calarnos, non temos medo e aportaremos o noso grao de area, pois cremos que é agora cando é precisa a solidariedade activa.

Imagens do Centro Social Okupado Bairro do Cura

Desde a Assembleia da Okupa do Bairro do Cura achegan-nos estas imagens do estado no que se atoparon o asilo e como estam a trabalhar e visibilizar desde este edificio polo bairro e contra a especulaçom. Um imenso trabalho. Desde aqui os nossos parabens e em breve co material que nos passarom realizaremos umha peza audiovisual sobre esta nova okupaçom.

"Um grupo de activistas adicarom esforços ao acondicionamento de parte do imóvel destinado por Valeri Karpin e o alcaide Abel Caballero para a construçom de vivendas de luxo e áreas comerciais. Mas nom estamos dispostas/os a deixalo estar sem mais, nem vamos ficar de braços cruzados ante tal disparate. Fazemos um chamamento ao tecido associativo da cidade a se implicar activamente na defesa do Bairro do Cura".

Stop especulaçom! Okupa e resiste!

Estreamos na rede o documentário Entre Línguas

A petiçom das creadoras do filme subimos à rede este documentário sobre as falas dialectais de origem galego-portuguesa que pervivem em diferentes territórios raianos entre Portugal e Espanha.

Podedes ve-lo aqui, ou bem descarregalo nos vossos computadores em formato mp4 (clique direito e guardar como).

Videocrónica de Latele.cat: "A estafa sólida dos mercados líquidos - Acción para a participación cidadá"

VIdeocrónica na páxina de La Tele.Cat

O 16 de novembro do 2011 no hotel NH Constanza tivo lugar un acto privado para falar sobre a nosa auga. A auga, á que nos estamos a referir, é a de toda a poboación. Sobre a xestión da auga fixerase anteriormente un proceso de participación, mais agora, no punto no que se encontra este debate non de deixa entrar a todo o mundo. Si que poden participar neste acto aqueles que paguen 1.200 euros máis IVA para asistir; que gozaron comodamente da xornada no hotel de cinco estrelas da Diagonal de Barcelona.

II Encontro de ex mariñeiros do banco canario sahariano e okupación da Sala Yago

O xoves, no CS Bou Eva, volviase retomar a historia de loita dos mariñeiros do Morrazo no banco de pesca canario sahariano, no II Encontro, de cara a realizar unha exposición fotográfica con imaxes daquela loita, asi como un documentario, no que Galizacontrainfo colaborará activamente. Imaxes do acto.

Volveuse proxectar esta peza: http://galizacontrainfo.org/proxecci%C3%B3n-do-1%C2%BA-encontro-de-ex-ma...

Ademais, unha compa de Galizacontrainfo desde Compostela envianos tres imaxes da okupación da Sala Yago, e enviará máis info nestes dias, xa que, desde este venres, está a ter lugar nesta cidade a liberación dun espazo cultural en desuso e abandono. Todo o noso apoio!

II Encontro de ex mariñeiros do banco canario sahariano

Tralo éxito do I Encontro dos ex-mariñeiros do Banco Canario-Sahariano que tivo lugar o mes pasado en Cangas, convidamos á xente de Vigo a que participe deste II Encontro, que terá lugar o vindeiro xoves 17 ás 20:30h no Centro Social Bou Eva.

Visualizarase tamén unha parte do documental que Galiza Contrainfo está a facer, no que se rememoran os feitos acontecidos.

Reproducimos aquí o chamamento ó I Encontro:

Un grupo de mariñeiros do Morrazo hoxe xubilados que no seu día traballamos no Banco Canario Sahariano, desde fai algún tempo iniciamos un proxecto de recuperación documental sobre a presencia galega nos mares do Sahara Occidental.

Este traballo previsto desde agora ó 2013, abarcará distintas fases: arquivo documental, unha exposición e edición dun album coa participación de vinte fotógrafos de prensa e rematará coa elaboración dun documental de TV.

Entrevista a Ekinklik, desde Iruñea: "o noso labor realizase tras as faixas, non ao outro lado das barreiras policiais xunto aos medios clásicos"

Aupa ai! Chega ao noso correo unha entrevista co colectivo de fotoactivistas de Iruñea Ekinklik (http://www.ekinklik.org).

Agradecemos esta conversa con estes fotoactivistas de cámara e corazón, e queremos compartila con todas e todos vós. Reflexións sobre contrainformación, imaxes e utilización das redes, movementos sociais e fotografías, mensaxes desde Euskalherria que estamos moi contentas de disponibilizar desde o noso blogue.

- Como nace este proxecto? Por que credes que é necesario?