Desde Galizacontrainfo queremos somarnos ao manifesto en solidariedade con Pitu, apoiamos e colamos aqui:
Liberdade para Pitu. Liberdade de expresión
Agora cúmprese un ano da detención de catro persoas en Nafarroa acusadas de xestionar a web Apurtu.org, que foi clausurada por orde da Audiencia Nacional.
Unha delas, Miguel Angel Llamas, “Pitu”, aínda continúa en prisión, e está dispersado a 500 quilómetros de Iruña.
Somos persoas que traballamos no ámbito da comunicación. Non estivemos dacordo co peche desta web nin coas detencións, e non entendemos como continúan mantendo a Pitu na cadea, máxime cando aínda non foi xulgado.
Por iso solicitamos a súa liberdade inmediata e unímonos á colaborar na difusión da manifestación que se celebrará este sábado en Noain
Máis info en Ateak Ireki