Caderno

Reportaxe do II encontro galego portugués de solidariedade con Cuba

Celebrouse o 16 de xuño na cidade lusa de Porto. Intervencións en galego, portugués e castelán, entre elas as de Luisa Cuevas Raposo, en nome de Cubainformación. Gravación de Galizacontrainfo e edición de David Rodríguez, da Asociación Valenciana de Amizade con Cuba "José *Martí". http://www.cubainformacion.tv/index.php/solidaridad-con-cuba/44369-repor...

Galeria grafica do Sons da Lameira 2012

Esta fin de semana unha parte de Galizacontrainfo estivemos no Sons da Lameira.

Foi unha experiencia total, en todos os sentidos. Para dar mostra do que foi teremos video, mais polo de agora vai unha estensa reportaxe gráfica da fin de semana. Para o ano non o perdades, que non vos teñamos que contar nós que Matamá é sitio distinto!

Clicade aqui para ver as cen fotos que fixemos venres e sábado, e xa sabedes que facer pra o ano...

Novos videos

Das xornadas "Que hai de novos nos feminismos?" podedes visualizar as mesas redondas baixo o título "A revolución será feminista ou non será", coa intervención da Rede Feminista Galega, a Marcha Mundial das Mulleres e as Xornadas de Autoformación Feminista, e "Non me interesa a túa revolución se non podo bailar", con Maribolheras Precárias, Lerchas e a Asociación Nós Mesmas.

Tamén engadimos outro novo video, da xornada de loita comarcal convocada pola CIG en Ferrol.

 

265 fotos das Olimpiadas Populares Galegas

En Galizacontrainfo foto podedes ollar a galeria de imaxes ampliada das II Olimpiadas Populares Galegas que tiveron lugar a pasada fin de semana en Pontevea, e das que participamos deixando proba audiovisual do que ali aconteceu.

Proximamente tamén estará disponíbel a videocrónica desta festa dos deportes e do asociacionismo e activismo.

Até a edición seguinte!

Nosaltres, video de solidariedade e apoio coas persoas represaliadas en Barcelona pola folga xeral do 29-M

Nosaltres, video realizado polas compas de 15MBcn, é unha peza de cinco minutos na que se difunde o manifesto de apoio ás persoas represaliadas na folga xeral do 29 de Marzo, mais tamén no que se toma postura diante do conflito social, do momento que se está a vivir no Estado español, e no que se reflexiona sobre que camiños tomar. Cinco minutos que paga a pena visualizar e compartir. Porque nós tamén somos parte dese nosaltres! Ver video