Caderno

Perder un ollo

Ester Quintana, de 42 anos perdeu un ollo polo impacto dun proxectil lanzado polos Mossos de Esquadra o 14N, nunha carga na pasada folga xeral en Barcelona. A súa versión contradi frontalmente a do Conseller de Interior da Generalitat catalana, Felip Puig. Ver a reportaxe elaborada polo 15M de Barcelona: http://www.youtube.com/watch?v=ksm7f3ey1bc

Adianto dun documentario sobre as okupas de Galiza

Vídeos de adianto dun documentario en proceso de elaboración sobre os centros sociais okupados de Galiza:

CSO A Casa do Vento, Compostela

CSO A Palavea, A Coruña

CSO Casa da Estación, Pontedeume

CSO A Cámara de Gas, Compostela

(Áudio) Fundaçom Artábria:"Desmontando o nacionalismo espanhol"

Já temos disponível o áudio da palestra que decorreu ontem mesmo no nosso Centro Social, na qual o professor Carlos Taibo falou sobre a natureza essencialista e reacionária do nacionalismo espanhol, cuja existência é tantas vezes negada, apesar da sua clara caraterizaçom: http://agal-gz.org/blogues/index.php/artabria/2012/10/17/audio-e-imagens...

Folga e manifestación do sector ferroviario contra a privatización

Imaxes da manifestación celebrada na Coruña no marco da convocatoria de folga do sector ferroviario a nivel estatal. A protesta contra a privatización do transporte ferroviario partiu da estación de mercadorias de San Diego baixo o lema "Por un ferrocaril público e social", e rematou na estación de San Cristóbal. Alí os manifestantes bloquearon uns 15 minutos a saída dun dos trens de servizos mínimos, que os sindicatos consideraron abusivos (85% da circulación).

A educación prohibida, un documentario para non perder

Convidámosvos a que visualicedes un documentario independente, financiado colectivamente, e que este 13 de agosto se está a estrear mundialmente. Chámase "A educación prohibida", e desde a súa web podedes descargar ou visualizar online este filme que aborda desde unha perspectiva crítica a escola e o ensino, que se propón cuestionar as lóxicas da escolarización moderna e a forma de entender a educación, visibilizando experiencias educativas diferentes, non convencionais que expoñen a necesidade dun novo modelo educativo.

Sinopse(continua a ler)

Imaxes da II Festa Revolta no Courel

Galeria fotográfica da II Festa Revolta no Courel, poesia, teatro, proxeccións, radio, e unha chea de actividades para reivindicar a consideración de Parque Natural para o Courel e a defensa do territorio fronte a intereses que nada teñen que ver coa sostibilidade e o interese común.