Caderno

Reporteiro de guerras e esperanzas: Unai Aranzadi

Recollemos, traducindo ao galego, do xornal vasco Gara, unha entrevista co reporteiro Unai Aranzadi; debido ao seu interese pola analise sobre información, xornalismo e control da opinión pública na actualidade. O texto é de Fermín Munarriz e a fotografía de Monika Del Valle.

Aquí a ligazón para descargar un vídeo-resumo da entrevista (botón dereito e gardar como).

 

Entrevista no Diario Liberdade e nota no Novas sobre Galiza Contrainfo

Desde este caderno queremos dar a coñecer dúas novas sobre o noso proxecto que apareceron neste último mes, a primeira é unha peza sobre a nosa estrea no xornal mensal Novas da Galiza, e a segunda, unha entrevista no portal dixital Diario Liberdade.

Desde o xornal mensal do mes de outubro do "Novas de Galiza" dan a coñecer a estrea de Galiza Contrainfo asi como anuncian a colaboración co Novas da Galiza para realizarmos documentarios de xeito conxunto, conplementando o xornalismo de investigación e as ferramentas audiovisuais nesta nova andaina.

Entrevista no Diario Liberdade

O papel dos meios de comunicaçom de massa na repressom contra o Black Panther Party

 

[Extracto do livro "Queremos Liberdade. Umha vida no Partido Pantera Negra", escrito por Mumia Abu-Jamal, jornalista  e ex-membro do BPP. Mumia está actualmente preso e condenado a morte nos EEUU]

O que começou sendo umha obsessom pessoal cedo acharia eco em todos os departamentos de polícia locais e regionais, que começarom a considerar o Partido Pantera Negra como «a grande ameaça» nas suas jurisdicçons. Com a ajuda e informaçom facilitada polo FBI, a polícia local começou a desenhar e executar as suas próprias acçons contra o que se percebia como «ameaça[s]». Praticamente nenhuma cidade que tivesse umha delegaçom do BPP em funcionamento escapou às detençons amanhadas, às batidas policiais nem aos tiroteios, chegando em alguns casos a polícia a assassinar ou ferir a membros do Partido.

Encenent La Ràbia - Vídeo-reportaxe de "Okupem les ones" sobre a folga xeral en BCN

Despois de case dúas semanas da folga xeral achegamos unha nova reportaxe, realizada polo colectivo de contrainformación catalán Okupem les ones, que realiza un seguimento de toda  a xornada do 29-s na cidade de Barcelona, cunha duración de perto de trinta minutos.

 

 

Videoactivismo máis alá de Gz

Unha das achegas que queriamos trasladar neste blogue era a de dar conta das experiencias de loita e reivindicación que se dan noutras partes do mundo, e como aparece aí o videoactivismo ensinando imaxes e voces que os medios queren silenciar. Nesta entrada daremos boa conta de dúas experiencias de loita e mobilización na última semana: a folga xeral no resto do Estado e a grande mobilización polos dereitos e liberdades en Euskalherria.

Bcn: videoactivismo múltiple

Noticia 10

12 de abril de 2009- Hergesia News

Acusado de asasinato despois de desconectar o aparato do que dependía a vida de toda a súa familia

Por razóns aínda descoñecidas, J.F., un mozo empregado nunha empresa de instalacións sanitarias, entrou o venres na súa casa, onde estaba reunida toda a súa familia, e cometeu un inesperado e atroz acto de violencia: apagou a televisión.

Denunciado por uns viciños, o mozo foi detido e agarda agora na cadea un xuízo que pode acarrearlle unha severa sentenza. Segundo o Código Penal de Hergesia, o máis vangardista do mundo, desligar, apagar ou simplesmente baixar o volume da televisión é un delito moito máis grave que o de estupro ou violación é só equiparábel ao de homicidio voluntario.

Colegas, amigos e viciños aseguran que J.F. era un mozo "completamente normal" e dos interrogatorios non se puido extrair até agora conclusións decisivas.

Estreamos espazo web cunha peza audiovisual sobre a xornada de folga xeral en Vigo e con reportaxes fotográficas do 29-S

O 29 de setembro estreamos este espazo, no que levabamos tempo traballando e que como explicamos máis longamente no noso particular quen somos, xorde da necesidade de difundir o noso traballo, mais tamén coa intención de construir un espazo que serva para darlle visibilidade a toda a produción audiovisual de comunicación alternativa que se desenvolve na Galiza.

Consideramos que os medios de comunicación corporativo-empresariais son aparellos ideolóxicos do réxime capitalista que, enmascarados baixo unha suposta neutralidade ou obxectividade técnico-profesional, funcionan como voceiros hexemónicos dos intereses das clases dominantes. E particularmente na sociedade galega actúan como catalizadores positivos do proceso de asimilación española.

(Re)Comezamos...

Na procura de continuar coa contrainformación, cos videos, as fotos, a videoteca, e mil proxectos máis na cabeza, (re)comezamos con esta web na que queremos visibilizar as loitas que se dan no noso país na defensa da terra, dos feminismos e a liberdade sexual, da lingua,a pola autodeterminación e a independencia de Galiza, contra a represión e porque aos presos e ás presas queremos velos fóra e agora...

Neste caderno daremos a coñecer tanto actividades das que participemos ou convoquemos, como reflexións ou videos doutros colectivos de contrainformación de fóra de Galiza, interesantes para compartillar neste espazo.