Convidámosvos a que visualicedes un documentario independente, financiado colectivamente, e que este 13 de agosto se está a estrear mundialmente. Chámase "A educación prohibida", e desde a súa web podedes descargar ou visualizar online este filme que aborda desde unha perspectiva crítica a escola e o ensino, que se propón cuestionar as lóxicas da escolarización moderna e a forma de entender a educación, visibilizando experiencias educativas diferentes, non convencionais que expoñen a necesidade dun novo modelo educativo.
Sinopse(continua a ler)