Cárcere=Tortura. Solidariedade con Noelia Cotelo

You must have Flash installed to view this content.
27 de Decembro de 2012

Entrevista con Dolores, nai da presa Noelia Cotelo. Noelia é unha rapaza da Coruña encarcerada na prisión de Brieva (Ávila). Entrou na cadea para cumprir un ano e medio e xa leva cinco, sendo vítima de malos tratos e abusos por parte dxs “funcionarixs de prisións”.

Realizada pola Asemblea de Familiares e Amigxs das Persoas Presas (afapp-gz.blogspot.com) no CSO Palavea na Coruña o 20 de decembro 2012.

Editada por GalizaContrainfo.

“Noelia Cotelo, veciña de A Coruña, entra na cadea con 20 anos por roubar un coche para subir ao poboado a pillar, cáelle ano e medio. No cárcere a cousa complícase, cun carácter forte deféndese das agresións dos carcereiros, e agora, 5 anos despois, segue en prisión. As últimas novas que temos son da prisión de Ávila, onde establece contacto coa súa nai por teléfono e, mentres lle explica o que acontece alí dentro, aparece unha “funcionaria” berrándolle “ESCORIA HIJA DE PUTA, SUELTA EL TELÉFONO”, insultos escoitados pola súa nai. Tras unha liorta coa carcereira na que lle rompen o pulso intentando quitarlle o teléfono, a pesar de levar só un minuto de comunicación cando lle correspondían cinco, lévana á súa cela e alí átana á cama sen asistencia médica. Esa noite complícase se cadra máis. Mentres dorme co pulso roto e atada, aparece un carcereiro na cela e prodúcese un INTENTO DE VIOLACIÓN (tócalle os peitos e demais zonas corporais). Noelia esperta, resístese e berra. O carcereiro ponse nervioso e marcha. Agora Noelia denunciou os feitos e a institución castígaa pola súa actitude rebelde, non lle permiten ir ao médico a revisar a fractura no pulso, non lle permiten bañarse con auga quente, e quérena afastar máis de Galiza levándoa a Granada, destrozando a súa nai que non pode sequera ver á súa filla. Lembremos: roubou un coche para pillar. Esa é a súa reinserción, ó que axudan estes tribunais e os seus cárceres. Queremos que traian a Noelia a Galiza, preto da súa familia e d@s amig@s para que poida comezar un proceso de sociabilización real, co cariño de todos nós e a comprensión e solidariedade que xamais lle dará a institución carceraria nin os tribunais, e si o pobo. ¿O taxista ao que lle roubou o coche querería isto para Noelia? Ningunha muller presa debe sufrir malos tratos e violacións.” Fonte: http://abordaxerevista.blogspot.com.es/2012/12/solidariedade-con-david-e...

Enviar un novo comentario

  • Etiquetas HTML permitidas: <a> <em> <strong> <cite> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd>
  • As direccións das páxinas web e as direccións de correo se convirten en enlaces automaticamente.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.

Máis información acerca das opcións de formato

CAPTCHA
Esta pregunta é para probar que vostede é un visitante humán e prever o envio de spam automático.
CAPTCHA imaxen
Enter the characters shown in the image.